Mezzoforte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abreviatura de mezzoforte.

Mezzoforte (do italiano mezzo, "medio" e forte, "forte") é un termo que se emprega na notación musical para indicar un grao determinado de intensidad do son, é dicir, un matiz dinámico. A intensidade que sinala é moderadamente forte, situándose por enriba de mezzopiano e por embaixo de forte.

Representación gráfica[editar | editar a fonte]

Este matiz dinámico pode aparecer representado nas partituras ou partichelas mediante unhas indicacións especiais que adoitan colocarse por debaixo do pentagrama, concretamente baixo a nota donde comeza a dinámica.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gerou, Tom & Lusk, Linda: Essential Dictionary of Music Notation. L.A.: Alfred Music, 1996, pp. 133-142.