Metro por segundo ao cadrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O metro por segundo ao cadrado[1] ou m/s2 é unha unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades (SI) para medir a aceleración dun corpo. Mide o incremento da velocidade (en metros por segundos) conseguido en cada segundo. O símbolo desta unidade tamén pode verse escrito como m·s−2, ou simplemente m s−2.

Un metro por segundo ao cadrado equivale a 3,2808399 pés por segundo ao cadrado.

A aceleración dun corpo influenciado pola gravidade na superficie terrestre equivale a aproximadamente 9.80665 m/s².

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adóitase dicir metro por segundo ao cadrado, aínda que o propio sería metro partido de segundo ao cadrado, pois trátase dun cociente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]