Metro de Xixón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Metro de Xixón é unha rede de metro da cidade de Xixón. Atópase en construción desde o ano 2004 e prevese que para 2012 ou 2013 sexa inaugurado parcialmente. O proxecto está adxudicado á empresa Acciona e xa concluíu a construción de varias estacións.

Índice

Futuro [editar]

O metrotrén de Xixón comunicará algúns barrios da cidade e a estación central de RENFE co Hospital de Cabueñes.

Segundo informacións da prensa local de Xixón, o metro contará con 2 liñas na cidade, unha que comunica Xixón con Oviedo e Avilés e outra que unha a cidade con O Musel.

Nos terreos liberados pola estación de Jovellanos logo do seu soterramento, alzaranse 6 rañaceos,dos cales tres deles serán os máis altos de Asturias.

Estacións [editar]

Liña 1 La Calzada - Hospital de Cabueñes


As estacións que terá en chan urbano serán:

  • Hospital de Cabueñes
  • Campus de Viesques
  • Castiello de Bernueces (Viesques) (De uso exclusivamente técnico como intercambiador de locomotoras)
  • El Bibio (Praza taurina)
  • Plaza de Europa
  • Intermodal
  • La Calzada

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]