Metro de Palma de Mallorca
O Metro de Palma de Mallorca é un sistema de transporte rápido de ferrocarril na cidade de Palma de Mallorca, nas Illas Baleares. Actualmente consta dunha soa liña que circula entre a estación intermodal de Plaça Espanya e a Universidade.
A empresa que opera o servizo é Serveis Ferroviaris de Mallorca.
Índice |
Historia [editar]
A rede de metro proxectouse a finais de 2004. A primeira liña empezou a funcionar o 25 de abril de 2007. Abríronse primeiro as estacións subterráneas de Plaça de Espanya (Intermodal), Jacint Verdaguer e Son Costa-Son Fortesa co único servizo do tren.
As obras do metro de Palma, que se realizaron en menos de dous anos presionadas polos prazos e as necesidades da cidade, deron lugar a certas deficiencias nas que destacaban fallas no sistema de ventilación dos túneles e na evacuación das precipitacións que son normais para a cidade.
O 23 de setembro do 2007, unha serie de choivas fortes provocaron a inundación de varias das estacións, tras o cal a liña foi clausurada indefinidamente para realizar as obras de reparación,[1] que se valoraron en 28 millóns de euros. Finalmente o metro de Palma volveu funcionar desde o 28 de xullo de 2008.[2]
Liña e estacións [editar]
Actualmente a rede de metro está formada por unha única liña, que une as estacións de Plaça d'Espanya e UIB, a liña 1. Con dúas vías e unha lonxitude de 7,2 km, dos cales 4 son subterráneos e 3,2 en superficie, dispón de nove estacións, oito subterráneas e unha exterior.
A liña deseñouse para unha velocidade máxima de 100 km/h e enlaza a estación intermodal de Plaça d'Espanya coa UIB nun tempo de 13 minutos. O estudo sinala que este traxecto tería unha duración de 5 minutos no caso de que non houbese paradas. As previsións apuntaban a que o transporte colectivo do estudantado subiría do 31 ao 43%, captando o 12% dos actuais viaxeiros de coche ou outras modalidades e o 95% da demanda total actual do autobús.
Estación intermodal [editar]
A estación intermodal ten 3 niveis, distribuídos do seguinte xeito:
Nivel 1: Distribuidor, despachos de billetes, control de accesos, instalacións de seguridade e zona de equipamentos e servizos.
Nivel 2: Estación ferroviaria coas seguintes características:
- 10 vías de tren con 5 plataformas.
- Control de Tráfico Centralizado (CTC).
- Sistemas de información ao viaxeiro.
- Posibilidade de trens cada 3 minutos (máis de 400 circulacións)
Nivel 2: Estación de autobuses:
- 30 dársenas.
- Posibilidade de 90 circulacións (en hora punta).
Nivel 3:
- Zona de estacionamento de vehículos
Unidades de tren [editar]
- Empresa adxudicataria: Construcións e Auxiliar de Ferrocarril, S.A. CAF
- Orzamento de adxudicación: 14.501.160 ?
- Número de unidades: 6 unidades dobres (motor - motor)
- Características e dimensións da estrutura: caixa de aceiro inoxidable de 33,082 metros de lonxitude e 2,55 metros de anchura
- Capacidade máxima da unidade dobre: 380 acodes
- Anchura da vía: 1000 mm
- Tensión de electrificación: 1500 V
Prestacións da unidade [editar]
- Velocidade máxima: 100 km/h
- Aceleración máxima: 1,1 m/s²
- Desaceleración máxima: 2 m/s²
Equipamento [editar]
- Sistema ATP (Automatic Train Protection) tipo FAP (Freado Automático Puntual).
- Sistema de radio dixital Tetra para comunicacións Tren-Terra.
- Computador de bordo con comunicación de avarías e anomalías e rexistrador de acontecementos.
- Portas eléctricas antiatrapamiento.
- Megafonía interior sensible ao nivel de ruído.
- Megafonía exterior.
- Corredor adaptado a PMR de intercirculación entre coches.
- Intercomunicación pasaxe - maquinista.
- Circuíto pechado de televisión (CPTV) con catro cámaras por unidade dobre.
- Paneis interiores de indicación de próxima estación.
- Panel luminoso frontal de indicación de destino.
- Climatización frío - calor con temperatura regulable.
- Faros de xenon de longo alcance.
- 2 prazas adaptadas a persoas de mobilidade reducida con avisos ao maquinista.
- Asentos con deseño antivandálico.
- Sistema de insonorización de rodas.
Notas [editar]
- ↑ Consumer (14 de setembro de 2007). "Pechado indefinidamente o metro de Palma por problemas "graves, estruturais e de deseño"". http://www.consumer.es/web/es/viajes/2007/09/24/167305.php. Consultado o 17 de marzo de 2012.
- ↑ El País (28 de xullo de 2008). "O metro de Palma volve funcionar tras un ano de obras". http://elpais.com/diario/2008/07/28/espana/1217196017_850215.html. Consultado o 17 de marzo de 2012.
