Metaplasmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Denomínase xenericamente metaplasmo ao que a gramática tradicional denominaba figuras de dicción: "Cada unha das varias alteracións que experimentan os vocábulos na súa estrutura habitual, ben por aumento (prótese, epéntese, paragoxe), ben por supresión (aférese, síncope, apócope, elisión), ben por transposición de letras (metátese), ben por amálgama de dúas delas (contracción, sinérese, haploloxía, sandhi, falso sandhi)" (DRAE). O metaplasmo tiña lugar na lingua poética; se ocorría na lingua corrente, denominábase barbarismo.

Nunha segunda acepción, denomínase metaplasmo ao cambio de xénero e así hai metaplasmo, por exemplo:

  • do latino valem (feminino) para dar o masculino val galego (de aí que hogano existan os topónimos e antropónimos tanto en masculino como en feminino: valiña e valiño);
  • no castelán centinela ("a sentinela") feminino no español antigo e masculino no actual;
  • o neutro latino votum que en galego deu voto e voda (o segundo de feito orixinado a partir do plural);

Máis concretamente, adóitase denominar tamén coa palabra metaplasmo ao distinto xénero dunha palabra en singular e en plural (latín locus, masculino; loca, neutro).



Metaplasmo
aumento: prótese - epéntese - anaptixe - paragoxe
acurtamento ou elisión: aférese - síncope - apócope
transposición: metátese
amálgama: contracción - sinérese - haploloxía - sandhi - sandhi tonal