Mesquita de Quba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mesquita de Quba
PaísArabia Saudita
Coordenadas24°26′21″N 39°37′02″L / 24.439166666667, 39.617222222222Coordenadas: 24°26′21″N 39°37′02″L / 24.439166666667, 39.617222222222
EstiloArquitetura islâmica
editar datos en Wikidata ]

A mesquita de Quba (Quba' Masjid ou Masjid al-Quba; en alifato árabe: مسجد قباء), sita nas aforas de Medina, Arabia Saudita, é a máis antiga das mesquitas do islam, e unha mesquita nacional de Arabia Saudita.

As súas primeiras pedras foron colocadas polo profeta Mahoma durante a súa Héxira ou emigración desde A Meca a Medina e foi acabada polos seus compañeiros. Mahoma agardou máis de 20 noites nesta mesquita, rezando qasr (un rezo curto), mentres chegaba Ali, que tiña a casa xusto detrás desta mesquita.

Durante un século, a mesquita de Quba sufriu transformacións, que fixeron imposíbel a conservación da vella estrutura. Actualmente comprende un conxunto que inclúe, entre outras, áreas residencias, espazos para as ablucións, e mesmo dúas bibliotecas.

As mesquitas Masjid-al-Haram (A Meca), Masjid al-Nabawi (Medina) e Masjid-al-Aqsa (Xerusalén), son os lugares máis santos do islam.