Mesosfera (homónimos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Co termo de mesosfera podemos referirnos a:

  1. En meteoroloxía, a mesosfera é a parte da atmosfera situada por riba da estratosfera e por debaixo da termosfera. Na mesosfera a temperatura diminúe coa altura ata chegar a uns -80 °C ós 80 quilómetros aproximadamente.
  2. En xeoloxía, a mesosfera é a parte do manto situada entre a astenosfera e a descontinuidade de Gutenberg. O seu estado físico é sólido, e é unha capa moi ríxida.