Meseta oceánica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha meseta oceánica ou meseta submarina é unha extensa rexión submarina relativamente plana que se eleva moi por riba do nivel do leito mariño.[1]

Aínda que moitas mesetas oceánicas se compoñen de codia continental, e con frecuencia forman un todo ininterrompido co noiro continental, algunhas son restos submarinos de grandes provincias ígneas. Estas formáronse polo equivalente dos continentais basaltos de inundación, tales como os Deccan Traps, na India, e a Snake River Plain no Pacífico Noroeste dos Estados Unidos.

Os xeólogos cren que as mesetas oceánicas ígneas poden representar unha etapa no desenvolvemento da codia continental, xa que xeralmente son menos densas que a codia oceánica, sen deixar de seren máis densas que a codia continental normal.

As diferenzas de densidade nos materiais da codia xorden en gran medida das diferentes proporcións de elementos diferentes, sobre todo de silicio. A codia continental ten maior cantidade de silicio (estas rochas denomínanse félsicas), mentres que a codia oceánica ten unha menor cantidade de silicio (rochas máficas). As mesetas oceánicas ígneas teñen unha proporción intermedia entre da das codias continental e oceánica, aínda que son máis máficas que félsicas.

Porén, cando unha placa tectónica que ten codia oceánica subduce baixo unha placa que ten unha meseta oceánica ígnea, o vulcanismo que erupciona sobre a meseta como na codia oceánica quéntase no seu descenso cara ao manto erupcionando material que é máis félsico ca o material que constitúe a meseta. Isto representa un paso cara á creación da codia, que é cada vez máis de carácter continental, que é menos densa e máis flotante. Se unha meseta oceánica ígnea afunde baixo outra, ou baixo a codia continental xa existente, as erupcións producidas desta maneira producen material que é aínda máis félsico, e así sucesivamente a través do tempo xeolóxico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. oceanic plateau. (2008). In Encyclopædia Britannica. Consultada o 15/3/2012 na Encyclopædia Britannica Online.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]