Mesa de cabeceira
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mesa.
Unha mesa de cabeceiro ou mesa de noite é unha pequena mesa que se coloca ao lado do cabeceiro da cama.
Adoita ter caixóns, ou caixóns e andeis, nos que se colocan obxectos persoais, facilitándolle ás persoas deitadas na cama o acceso ás mesmas.
Sobre a mesa colócase usualmente unha lámpada pequena, co obxecto de permitir unha luz adecuada para poder ler, e un despertador, entre outros obxectos.
As mesas de noite antigas tiñan usualmente, debaixo do caixón, unha pequena alacena onde se gardaba o ouriñal.