Merlo solitario
| Merlo solitario | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho |
|||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Monticola solitarius'' Linnaeus, 1758 |
|||||||||||||||
O merlo solitario ou merlo azul (Monticola solitarius) é unha especie de ave paseriforme da familia Turdidae que se caracteriza pola súa plumaxe azulada nos machos adultos.
Índice |
Descrición[editar]
É unha ave duns 22 cm de lonxitude, algo máis grande có merlo rubio. A súa plumaxe é parda con motas claras na femia, e o macho presenta un rechamante ton azulado, máis escuro nas ás. O peteiro é escuro.
Distribución e hábitat[editar]
Distribúese polo sur de Europa e o noroeste de África, e dende Asia Central até o norte de China e de Malaisia. Habita en rocuedos, cantís e barrancos de orixe fluvial, podendo ocupar ocasionalmente construcións humanas. Os seus desprazamentos limítanse a cambios altitudinaisno inverno.[1]
Comportamento[editar]
Ten un canto afrautado, que reproduce tanto parado como en voo, máis comunmente na época de celo.[2] A súa posta é de 3 a 5 ovos.[3] Aliméntase dunha gran variedade de insectos, ademais de bagas e outros vexetais.
Ameazas e conservación[editar]
Esta especie pode verse favorecida por varios factores, como os lumes, as canteiras e minas, que reducen a vexetación e aumentan a superficie de rocha dispoñible para construír os seus niños. Con todo, vese prexudicada por actividades como a presión urbanística sobre as zonas montañosas, a escalada preto dos seus niños, ou a creación de encoros, que alagan gorxas e canóns rochosos.[4]
Notas[editar]
- ↑ Guía de las Aves de Castilla y León, de Joaquín Sanz Zuasti, Tomás Velasco e Carlos Sánchez, Páx. 273. ISBN:84-933730-2-8
- ↑ Aves de España, de Eduardo de Juana e Juan M. Varela, Páx. 166, ISBN:84-87334-88-1
- ↑ Naturalicante: Monticola solitarius
- ↑ Informe sobre o merlo solitario do Ministerio de Medio Ambiente e Agricultura de España