Meristemo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corte dun meristemo apical de raíz de cebola, con mitoses presentes.

En histoloxía vexetal chámaselles meristemos ou meristemas ós tecidos embrionarios das plantas vasculares formados por células totipotentes das que por multiplicación e diferenciación se forman o resto dos tecidos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os meristemos están formados por células indiferenciadas, poliédricas, máis ou menos equidimensionais (dimensións parecidas en todas as direccións), apertadamente encaixadas, de parede celular pouco desenvolta (sen parede secundaria) e con pouco volume vacuolar. Como consecuencia das súas divisións mitóticas, forman as células que por maduración construirán os tecidos e órganos adultos, á vez que pode manterse o meristemo. Isto último só ocorrerá en órganos de crecemento continuo ou periódico, como os talos, e non nos órganos de crecemento determinado, como as follas e as pezas florais.

Tipos[editar | editar a fonte]

Distínguese entre meristemos primarios, dos que depende o crecemento en lonxitude e meristemos secundarios, que producen o engrosamento dos talos e as raíces.

Meristemos primarios[editar | editar a fonte]

Os meristemos primarios son meristemos apicais, situados no extremo dos talos e das raíces. Deles derivan os tecidos adultos que se forman durante o crecemento en lonxitude, á vez que os meristemos remanentes, que interpostos entre os anteriores, dan lugar á renovación de tecidos vasculares y corticais, por formación de capas concéntricas novas que dan lugar, ademais, a un engrosamento dos eixes.

Meristemos secundarios[editar | editar a fonte]

Os meristemos secundarios producen o engrosamento dos talos e as raíces.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]