Meristema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corte dun meristema apical de raíz de cebola, con mitoses presentes.

En histoloxía vexetal chámaselles meristemas[1] ós tecidos embrionarios das plantas vasculares formados por células totipotentes das que por multiplicación e diferenciación se forman o resto dos tecidos.

Descrición[editar | editar a fonte]

Os meristemas están formados por células indiferenciadas, poliédricas, máis ou menos equidimensionais (dimensións parecidas en todas as direccións), apertadamente encaixadas, de parede celular pouco desenvolta (sen parede secundaria) e con pouco volume vacuolar. Como consecuencia das súas divisións mitóticas, forman as células que por maduración construirán os tecidos e órganos adultos, á vez que pode manterse o meristema. Isto último só ocorrerá en órganos de crecemento continuo ou periódico, como os talos, e non nos órganos de crecemento determinado, como as follas e as pezas florais.

Tipos[editar | editar a fonte]

Distínguese entre meristemas primarios, dos que depende o crecemento en lonxitude e meristemas secundarios, que producen o engrosamento dos talos e as raíces.

Meristemas primarios[editar | editar a fonte]

Os meristemas primarios son meristemas apicais, situados no extremo dos talos e das raíces. Deles derivan os tecidos adultos que se forman durante o crecemento en lonxitude, á vez que os meristemas remanentes, que interpostos entre os anteriores, dan lugar á renovación de tecidos vasculares e corticais, por formación de capas concéntricas novas que dan lugar, ademais, a un engrosamento dos eixes.

Meristemas secundarios[editar | editar a fonte]

Os meristemas secundarios producen o engrosamento dos talos e as raíces.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para meristema.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]