Meri Te Tai Mangakahia
Meri Te Tai Mangakahia (22 de maio de 1868 – 10 de outubro de 1920) foi unha militante a prol do sufraxio feminino en Nova Zelandia.
Biografía[editar]
Mangakahia naceu en Lower Waihou, preto de Panguru no val de Hokianga. Era a filla de Re Te Tai, un membro do "Te Rarawa iwi" e xefe moi influente. Foi educada no convento de St Mary, en Auckland.
Mangakahia foi a muller de Hamiora Mangakahia, quen, en 1892, foi elixido Ministro do Parlamento de Kotahitanga en Hawke's Bay. O ano seguinte, Meri Mangakahia abordou a asemblea (foi a primeira muller a facelo), presentando un movemento en favor do sufraxio feminino, e queda como, membro do Parlamento. Observou que as mulleres Maorí eran propietarias de terras e que por iso non se lles debía impedir que tiveran representación política.
Máis tarde uniuse ó comité de mulleres do movemento Kotahitanga, manténdose involucrada na política Maorí e movementos sociais.
Morreu de gripe en Panguru o 10 de outubro de 1920 dacordo con membros da familia. Tiña 4 fillos.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- "So that women may receive the vote", texto de Meri Te Tai Mangakahia ao Parlamento Kotahitanga en 1893, Ministerio de Cultura e Patrimonio de Nova Zelandia. (en maorí) e (en inglés)
- Biografía na páxina oficial do Ministerio de Cultura e Patrimonio de Nova Zelandia. (en inglés)
- Biografía no Dictionary of New Zealand Biography. (en inglés)