Mererid Hopwood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mererid Hopwood é unha importante poetisa galesa que fixo historia ao ser a primeira muller en gañar a Cadeira no Festival Nacional de Gales, ou Eisteddfod, seguindo a tradición na cultura galesa de lles entregar unha cadeira e unha coroa, que tamén gañou dous anos máis tarde, a aqueles escritores, poetas e personalidades senlleiros na cultura do País de Gales.

É de Cardiff, malia que a súa familia teña as súas orixes no condado occidental de Pembrokeshire. Agora vive no pobo de Llangynnwr, no condado de Carmarthenshire, co seu marido e fillos. Graduouse cunhas moi boas cualificacións e con honras de primeira clase en español e en alemá pola universidade de Aberystwyth, dependente da University of Wales. Despois duns anos coma profesora de Lingua alemá na Universidade de Swansea e como directora de escritura creativa no departamento de Lingua galesa da mesma, entrou a formar parte do Arts Council of Wales no equipo do Medio e Oeste Galés. Na actualidade tamén traballa como ensinante de español nun liceo do condado de Carmarthenshire.

Presenta, tamén, un programa de televisión na canle galesa S4/C.

Obras[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • [1] Pequena biografía (en inglés).