Mercosur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mercosur - Mercosul")
Cerimonia de hasteamento da bandeira do Mercosur, no Palacio do Itamaraty (Brasilia). Marcello Casal Xr/ABr.

Mercosul ou Mercosur (en portugués: Mercado Comum do Sul; en español: Mercado Común del Sur; en guaraní: Ñemby Ñemuha; en galego: Mercado Común do Sur) é o programa de integración económica de cinco países da América do Sur: Arxentina, Brasil, Paraguai, Uruguai e Venezuela.

Historia e características[editar | editar a fonte]

As discusións para a constitución dun mercado económico rexional para a América Latina remontan ao tratado que estableceu a Asociación Latino-Americana de Libre Comercio (ALALC) desde a década de 1960. Ese organismo foi sucedido pola Asociación de Integración Latino-Americana na década de 1980. Á época, a Arxentina e o Brasil fixeran progresos na materia, asinando a Declaración de Iguazu (1985), que establecia unha comisión bilateral, á cal se seguiron unha serie de acordos comerciais no ano seguinte. O Tratado de Integración, Cooperación e Desenvolvimento, asinado entre ambos os países en 1988, fixou como meta o establecimento dun mercado común, ao cal outros países latino-americanos poderían se unir.

Coa adhesión do Paraguai e do Uruguai, os catro países se tornaron signatarios do Tratado de Asunción (1991) que establecia o Mercado Común do Sur, unha alianza comercial visando a dinamizar a economía rexional, movimentando entre si mercadorías, persoas, forza de traballo e capitais.

Inicialmente foi establecida unha zona de libre-comercio, onde os países signatarios non tributarían ou restrinxirían as importacións un do outro. A partir de 1 de xaneiro de 1995, esta zona de libre-comercio converteuse nunha unión aduaneira, na cal todos os signatarios poderían cobrar as mesmas cuotas nas importacións dos demais países (Tarifa Externa Común). No ano seguinte, a Bolivia e o Chile adquiriron o status de membros asociados. O Chile atopase en proceso de aquisición do status de membro pleno despois de resolver alguns problemas territoriais coa Arxentina. Outras nacións latino-americanas, como a Venezuela, manifestaron interese en entrar para o grupo, o que aínda non se concretizou.

As institucións integrantes do Mercosur, definidas polo Tratado de Asunción, foron revistas polo Protocolo de Ouro Preto, en 1994. Por el, cada país-membro ten un voto e as decisións necesitan ser unánimes. Tres son as instancias decisorias: un Consello (con funcións políticas), un Grupo (con funcións executivas) e unha Comisión Técnica.

Moitos suramericanos ven o Mercosur como unha arma útil contra a influencia dos Estados Unidos na rexión, tanto na forma da Área de Libre Comercio das Américas cando na de tratados bilaterais. Mais o Mercosur foi significativamente enfraquecido polo colapso da economía arxentina en 2002. Alguns críticos consideran que a negativa de axuda do goberno Bush á Arxentina foi baseada no seu desexo de acabar co Mercosur, xa que, teoricamente, os EUA vén a iniciativa deste mercado como un problema para a súa estratéxía politico-económica para a América Latina. Porén, é máis probabel que os Estados Unidos non teñan axudado a Arxentina pois o país latino-americano non tiña confiabilidade nos mercados internacionais, dando calotes regularmente.

Nova rodada de negociacións ocorreu a partir de Xullo de 2004, entre outros tópicos, discutindose a entrada do México no grupo. Como resultado, en 8 de decembro de 2004 os países membros asinaron a Declaración de Cuzco, que lanzou as bases da Comunidade Sur-Americana de Nacións, entidade que unirá o Mercosur e o Pacto Andino nunha zona de libre comercio continental.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]