Mercedes-Benz Clase R
O Mercedes-Benz Clase R é un monovolume do fabricante alemán Mercedes-Benz, comercializado desde o 2006. É o terceiro modelo monovolume da marca tras o Mercedes-Benz Clase A e o Mercedes-Benz Clase B.
Índice |
Presentación [editar]
A primeira vez que o Clase R foi visto foi no Salón do Automóbil de Detroit do ano 2001 como un prototipo Grand Sport Tourer. O modelo de produción presentouse no Salón do Automóbil de Nova York no ano 2005.
Produción [editar]
O Clase R ten o código de fabricación V251, e móntase en Tuscaloosa (Alabama) e Cidade de México.
Ten un motor dianteiro lonxitudinal, tracción traseira ou ás catro rodas e carrocería de cinco portas; as catro portas laterais son pivotantes. Ofrécese con cinco, seis ou sete asentos distribuídos segundo a seguinte configuración 2-3, 2-2-2 e 2-3-2 respectivamente.
Os motores Diésel empregan desde 2009 a tecnoloxía BlueTec.
Gama de motores [editar]
| Nome | Motor | Potencia |
|---|---|---|
| Diésel | ||
| R 280 CDI | 3.0 L V6 | 190 CV |
| R 320 CDI | 3.0 L V6 | 224 CV |
| Gasolina | ||
| R 280 | 3.0 L V6 | 231 CV |
| R 350 | 3.5 L V6 | 272 CV |
| R 500 | 5.0 L V8 | 306 CV |
| R 500 | 5.5 L V8 | 388 CV |
| R 63 AMG | 6.2 L V8 | 510 CV |
Segunda xeración [editar]
A segunda xeración do Clase R presentouse no ano 2010 no Salón do Automóbil de Nova York e comezará a venderse no ano 2011. O novo modelo presenta un deseño máis conservador có da primeira xeración. Ten dúas lonxitudes e opcións para acomodar a catro, cinco, seis ou sete ocupantes, así como tracción traseira ou integral. Unicamente ofrece unha transmisión de sete velocidades. Ao principio ofrecerase coas versións R300 CDI e R350 4Matic.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Experience the R-Class - the Grand Sports Tourer (en inglés)
- Gallería de fotos del R350 - FamilyCar.com (en inglés)