Menendo II Gundisalviz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mendo II Gonçalves»)
Menendo II Gundisalviz
Nacementoanos 940xuliano
Falecemento6 de outubro de 1008
Causamorto en combate
NacionalidadeReino de León
Ocupaciónguerreiro
PaiGonzalo Menendiz
NaiIlduara Pelaez de Deza
CónxuxeTutadona Moniz
FillosElvira Méndez e Ilduara Menendiz
Na rede
WikiTree: Galicia-17
editar datos en Wikidata ]

Menendo II Gundisalviz (orixinalmente Menendus Gundisalviz en portugués Mendo II Gonçalves ou en castelán Menendo González), falecido o 6 de outubro de 1008, foi un duque galego, conde de Portucale (997-1008) e figura dominante no Reino de Galiza arredor do ano 1000.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rexencia de Afonso V[editar | editar a fonte]

Afonso V no Libro dos Testamentos (fol. 53v).

Denantes de 999, o rei Vermudo II mandou o seu herdeiro, Afonso V, baixo a titoría do seu alférez Menendo.[1][2] Afonso tiña tan só cinco anos cando o seu pai finou no mes de setembro de 999 e pasou os primeiros anos do seu reinado baixo o coidado de Menendo e maila súa esposa. O primeiro acto de Afonso coma rei data do 13 de outubro de 999, onde enumera como confirmantes primeiro o conde Menendo «Menendus Gundisaluiz, comes» e logo o duque Sancho García «Santius, dux, Garsea prolis». Menendo tamén aparece en documentos contemporáneos co título de duque, como en «dux domnus Menendus proles Gundisalvi».[3][4]

O mozo Afonso sempre aparece nas súas primeiras cartas a carón da súa nai, Elvira García, unha irmá do conde de Castela e posibelmente exercendo a rexencia so a súa influencia. Despois de 1003, Elvira non aparece máis nas cartas reais; quizais foi retirada por un golpe palaciano de Menendo. Ao subscribir un acto real, Menendo foi tan lonxe como para chamarse a si mesmo «o que baixo a autoridade do mencionado rei ordena e guía todas as cousas» («qui sub imperio iam dicti regis hec omnia ordinavit et docuit»)[5]. En 1004, Sancho cuestionou a rexencia de Menendo. Ambos os condes pediron ao hajib cordobés al-Muzaffar que arbitrase a agarra[6]. Segundo Ibn Khaldun, celebrouse unha audiencia e o substituto de al-Muzaffar, o qadi da comunidade mozárabe de Córdoba, Asbag bin Abd Allah bin Nabil, estivo a favor de Menendo. Segundo algunhas fontes isto tivo lugar en Córdoba coa presenza dos dous condes contendentes[5], mais segundo outras fontes a liorta ocorreu en León[1].

No ano 1000, como rexente, Menendo confirmou o testamento de Hilal ou Hilaf, chamado Salvatus, o abade mozárabe de San Cipriano de Valdesalce, ante a raíña rexente Elvira e o mozo rei, amais de cinco bispos do reino[7]. Unha carta datada o 23 de decembro de 1001 rexistra a resolución dunha agarra sobre o mosteiro de Celanova por Afonso V e «o seu maior, o señor Menendo, fillo de Gonzalo» («senatus sui domni Ermenagildi Gundisaluiz prolis»). Outra carta datada o 11 de xaneiro de 1002 rexistra a doazón de Santo André de Congostro ao mosterio de Celanova e foi confirmado polo «duque Menendo, fillo de Gonzalo» («Menendus dux prolis Gundisaluiz»). Unha carta real do ano 1007 recoñece a Menendo como «o gran conde que posúe toda a terra de Galiza» («comes magnus ... omnem terram Gallecie ... obtinebat»[8].

Relacións con Córdoba[editar | editar a fonte]

Menendo non colaborou inicialmente cos cordobeses, pero despois de que continxentes fosen enviados de Córdoba para reforzar Coímbra e a fronteira co condado Portucalense, Menendo realizou un pacto con al-Muzaffar que incluía unha cláusula que pedía a colaboración militar en 1003[9]. Nese ano as tropas leonesas e castelás axudaron os cordobeses no seu ataque a Cataluña[1]. Este pacto semella romperse cando, en 1005, un exército cordobés marchou coa intención de tomar Zamora. A cidade non foi capturada, mais moito territorio foi incautado[9]. Para o resto da rexencia de Menendo non houbo paz cos cordobeses.

No tesouro da catedral de Braga, agora no museo catedralicio, hai unha píxide de marfil de comezos do século XI que contén un cáliz contemporáneo e unha patena de prata[10]. A píxide ten unha inscrición no bordo da súa tampa que permite datalo con bastante precición entre 1004, cando o hajib Abd al-Malik recibiu o título leva a inscrición, Sayf al-Dawla, e 1007, cando el recibiu o título máis alto de al-Muzaffar[11]}}. A píxide atopara o seu camiño nas mans de Menendo Gundisalviz algún tempo denantes da súa morte, xa que unha inscrición engadida no fondo desta relata a súa doazón á igrexa por el e a súa dona, Toda. Lese: IN N[omi]NE D[omi]NI MENENDUS GUNDISALVI ET TUDAD[o]MNA SUM.[12] Suxeriuse que o cáliz e a patena, que semellan estar feitos para acompañar a píxide, foron posibelmente comisionados por Menendo para a píxide que obtivo durante a campaña contra Córdoba. Na outra banda, suxeriuse que a píxide foi orixinalmente un agasallo da corte de Córdoba para o rexente leonés durante negociacións diplomáticas. O historiador Serafín Moralejo di que foi presentada a Menendo por Asbagh[1] o qadi como «un agasallo de boa vontade... acedo e tamén unha advertencia, xa que o título de Sayf al-Dawla gravado na súa tampa conmemoraba o ataque que o hajib ordenara sobre León un ano antes». A iconografía da píxide é pacífica e a súa función orixinal podería ter sido «unha voda ou ocasión dunha observación calendárica como un verán da festa da colleita de outono»[13]. As tallas das aves que comen froita poden imitar un ben empregado motivo eucarístico cristián que se remonta aos tempos visigodos[14]. Se é así, a peza puido ser deseñada para servir como un agasallo diplomático a un gobernante cristián, talvez Menendo[1].

Morte violenta[editar | editar a fonte]

O último acto testemuñado de Menendo foi confirmar unha carta do mosteiro de San Pedro de Rocas en 1007. Foi mencionado nunha demanda resolta a prol do conde Munio Fernández a comezos de 1008, mais como non confirmou o resultado é probábel que estivera en Galiza. Oito meses despois, o 6 de outubro de 1008, morreu dun xeito violento en circunstancias pouco claras[15]. O historiador islámico Ibn Khaldun, que data a súa morte no ano da héxira, sitúaa entre o 17 de setembro de 1007 e o 4 de setembro de 1008, pero a data proporcionada polo Chronicon Lusitanum é máis fiábel. Anótase que «no ano 1046 da era hispánica, o día anterior ás nonas de outubro, o conde Menendo foi asasinado»[16].

Os textos de Ibn Khaldun e o Chronicon suxiren que Menendo finou violentamente, probabelmente asasinado[5][17]. O conde Munio foi sospeitoso de ordenar o seu asasinato co obxectivo de usurpar a rexencia[18]. Os seus plans foron desbaratados pola raíña Elvira García, que proclamou que Afonso, aos seus catorce anos, era maior de idade[19]. Ao redor de 1013 Afonso casou con Elvira Méndez, a filla de Gonzalo. Tiveron un fillo, Vermudo III, quen o sucedeu no trono, e unha filla, Sancha I de Galiza, quen casou co conde Fernando I de León e chegou ao trono leonés con el. Elvira morreu o 2 de decembro de 1022[20]. En 1014 Afonso V confirmou todas as pertenzas do mosteiro de Guimarães, o cal fora fundado pola avoa de Menendo, Mumadona Díaz.

Suxeriuse que quizais Menendo foi asasinado mentres defendía Portucale dun ataque viquingo. Segundo a derradeira saga islandesa Heimskringla, os viquingos so a dirección de Olaf Haraldsson atacaron Gunnvaldsborg, posibelmente identificado como un topónimo descritivo que significa 'cidade de González' (en latín *Gundisalvus-burgus) e indicando Tui, que se atopaba dentro do ducado de Menendo e é independentemente coñecido por ser destruído polos viquingos nesta época[21] . Hai un documento latino de 1024 que leva a rúbrica Tudensis sedes post Normannorum vastationem Ecclesiae Divi Jacobi attributa, que se podería traducir como: «A sé de Tui foi asignada á igrexa de Santiago despois de ser devastada polos homes do norte».

Familia[editar | editar a fonte]

Posibelmente, fillo máis vello, Menendo foi fillo e sucesor de Gonzalo Menendiz e a súa muller Ilduara Pais, importantes aristócratas galegos do condado de Portucale. Segundo as fontes contemporáneas Menendo casou cunha muller de nome: Toda (Tota, Todadomna, Tutadomna, Tutadonna etc.).

Foi o titor e sogro do rei Afonso V. Mantivo boas relacións diplomáticas co califato de Córdoba ata 1004, cando estala a guerra entre o reino e o estado musulmán. Nos seus últimos anos ocupouse da defensa da costa perante os constantes ataques viquingos, un dos cales lle tería producido a morte.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Deste matrimonio naceron polo menos cinco fillos e tres fillas:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Prado-Vilar 1997, pp. 33-34.
  2. Mattoso 1981, p. 146.
  3. Sáez & Sáez 2006, pp. 78-80, doc. 261.
  4. Pallares Méndez & Portela Silva 1987, p. 23, n. 6.
  5. 5,0 5,1 5,2 Collins 2005, p. 685.
  6. Martínez Díez 2005, pp. 592-93.
  7. Hitchcock 1981, p. 585.
  8. Portela 2015, p. 264.
  9. 9,0 9,1 Martínez Díez 2005, pp. 595-96.
  10. Cálice de S. Geraldo no Museo da Catedral de Braga.
  11. Prado-Vilar 1997, p. 33.
  12. Prado-Vilar 1997, p. 41 n. 85.
  13. Prado-Vilar 1997, p. 34.
  14. Rosser-Owen 1999, pp. 23–24, acepta as conclusións de Prado Vilar sobre a píxide.
  15. Collins 2014, p. 163.
  16. Flórez 1796, p. 417: Æra 1046. II. Non. Octobris occisus fuit Comes Menendus.
  17. Reilly 1988, p. 22.
  18. Durany Castrillo & Rodríguez González 2004, p. 196.
  19. Martínez Díez 2007, p. 74.
  20. Martínez Díez 2007, pp. 120–21. Véxase p. 125 para as datas estimadas destes netos de Mendo.
  21. Almazán 1986, p. 115.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]