Menasseh Ben Israel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Menasseh Ben Israel, 1642

Menasseh Ben Israel, nado en Madeira en 1604 e finado en Middelburg en 1657, foi un rabino, escritor, diplomático e editor xudeu de orixe portuguesa. Fundou a primeira imprenta hebrea en Ámsterdan, 1626.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Madeira co nome de Manoel Dias Soeiros no seo dunha familia xudía obrigada a converterse ao cristianismo, un ano despois do seu nacemento os seus pais marchan do país para fuxir da Inquisición. En 1610 a familia chega aos Países Baixos
Amigo persoal de Rembrandt, Menasseh é coñecido pola súa petición a Oliver Cromwell e ao Parlamento británico que se anulara a prohibición emitida por Eduardo I de Inglaterra que prohibía a residencia aos xudeus en Gran Bretaña, a súa petición tivo éxito e os xudeus puideron asentarse de novo en Gran Bretaña.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Menasseh Ben Israel