Melchiorre Delfico
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Melchiorre Delfico, nado en Teramo o 1 de agosto de 1744 e falecido na mesma vila o 2 de xuño de 1835, foi un economista napolitano.
Biografía [editar]
Delfico naceu en Teramo, na rexión de Abruzzo (entón no Reino de Nápoles) e foi educado en Nápoles.
Adicouse especialmente ao estudo da xurisprudencia e da economía política, e as súas numerosas publicacións exerceron unha gran influencia práctica na corrección e extinción de moitos abusos. En virtude de Xosé Bonaparte Delfico se fixo conselleiro de Estado, cargo que ocupou até a restauración de Fernando IV, cando foi nomeado presidente da comisión dos arquivos, da que se xubilou despois de 1825.
Traballos [editar]
Os seus máis importantes traballos inclúen:
- Saggio filosofico sul matrimonio (1774)
- Memoria sul Tribunale della Grascia e sulle leggi economiche nelle provincie confinanti del regno (1785), que conduciu á abolición en Nápoles das máis irritantes e absurdas restricións en canto á venda e exportación de produtos agrícolas.
- Riflessioni su la vendita dei feudi (1790) e Lettera a Sua Ecc. sig. Duca di Cantalupo, que levou á supresión dos dereitos feudais sobre os bens raíces e a súa venda.
- Ricerche sul vero carattere della giurisprudenza Romana e dei suoi cultori (1791) e Pensieri sulla Istoria e su l'incertezza ed inutilità della medesima (1806), ambos sobre a historia temperá de Roma.
Notas [editar]
- F. Mozzetti, Degli studii, delle opere e delle virtù di Melchiorre Delfico.