Melanie Klein
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Melanie Klein, nada en Viena o 30 de marzo de 1882 e finada en Londres o 22 de setembro de 1960, foi unha psicanalista austríaca e creadora dunha teoría do funcionamento psíquico. Fixo importantes contribucións sobre o desenvolvemento infantil dende a teoría psicanalítica e fundou a Escola Inglesa da Psicanálise.