Mehetia
| Mehetia | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Francia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Illas da Sociedade |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitada |
| Superficie | 2´3 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 17°52′S 148°4′W / 17.867°S 148.067°WCoordenadas: 17°52′S 148°4′W / 17.867°S 148.067°W |
| Maior Altura | 435 m. Monte Fareura |
| Localización | |
Mehetia (ou tamén Meetia; Meheti´a en tahitiano normalizado) é unha illa do grupo do Vento das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Está situada a 110 km ao leste de Tahití.
A illa é un volcán moi novo que se atopa nunha zona aínda moi activa con movementos sísmicos. A altitude máxima atópase no cráter do monte Fareura a 435 m. A superficie total é de 2,3 km²;. Desde o principio do século XX está deshabitada e hoxe en día é de propiedade privada.
Historicamente a illa era habitada e controlada polos xefe de Taiarapu, a península ao sueste de Tahití. Utilizábase como punto intermedio de comercio entre Tahití e as illas Tuamotu, que proporcionavan perlas e nácara. Ao atoparse inmediatamente ao leste de Tahití, foi un punto de paso dos navegantes europeos desde America ata Tahití. O primeiro europeo en visitala foi o inglés Samuel Wallis en 1767. Chamouna Osnaburg Island en honra a segundo fillo do rei Xurxo III, Frederick Augustus abispo de Osnabruck en Hanover, Alemaña. O ano seguinte chegou o francés Louis Antoine de Bougainville que chamou á illa Le Boudoir. Non está claro o propósito deste nome xa que naquela época era a cámara íntima do ama de casa. No pico volcánico chamouno Boudeuse, nome do seu barco, e pouco despois José Andía o chama a crista de San Cristóbal.
Nesta época, o século XVIII, a illa contaba cuns 1.500 habitantes, que foron deportados polos piratas de Anaa en 1806. No século XIX utilizouse como colonia penal e despois quedou deshabitada. En 1986 sufriu un forte terremoto.