Meganeura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Meganeura
Rango fósil: Modelo:Rango fósil
Meganeura
Meganeura
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Superorde: Odonatoptera
Orde: Protodonata
Familia: Meganeuridae
Xénero: 'Meganeura'
Especies
Fósil de Meganeura.
Modelo de Meganeura no Museo de Historia Natural de Berlín.

Meganeura (gr. «grandes nervios», en relación á rede de nervios das súas ás) é un xénero extinto de insectos protodonatos da familia Meganeuridae. Entre as súas especies encóntrase Meganeura monyi, un insecto de gran parecido coas libélulas actuais, coas que está emparentado, que viviu no período Carbonífero (hai 300 Ma). Cunha envergadura de ás de máis de 75 cm, constitúe a maior especie coñecida de insectos que xamais haxa existido sobre a Terra. A especie do Pérmico Meganeuropsis permiana é tamén de gran tamaño. Eran insectos depredadores que se alimentaban de outros insectos e tamén de pequenos anfibios.

Os seus fósiles descubríronse nos estratos da edade Estefaniana de Commentry, en Francia, en 1880; en 1885, o paleontólogo francés Charles Brongniart describiu o fósil e deulle nome. Outro bo espécime fósil encontrouse en Bolsover, Derbyshire, en 1979. O holotipo alóxase no Museo de Historia Natural de Paris.

M. americana, descuberta en Oklahoma en 1940, é unha especie representada pola maior á de insecto xamais encontrada; consérvase no Museo de Historia Natural de Harvard.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dragonfly: the largest complete insect wing ever found, Harvard Magazine, noviembre a decembro de 2007:112.