Mecánica de fluídos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mecánica de Fluídos")
Mecánica de medios continuos
BernoullisLawDerivationDiagram.png
Leis básicas
Conservación da masa
Conservación da enerxía
Ecuacións de Navier-Stokes
Mecánica de Fluídos
Fluído
Tensión superficial
Cantidade de movemento
Mecánica de sólidos deformábeis
Elasticidade
Plasticidade
Lei de Hooke

A mecánica de fluídos é a rama da mecánica dos medios contínuos que estuda o movemento de fluídos (gases é líquidos), sen ter en conta as causas que o provocan (cinemática) ou téndoas en conta (dinámica). Tamén estuda as interaccións entre o fluído e o contorno que o limita. Para iso presuponse a similitude da estrutura dos fluídos á dun medio contínuo a través do concepto de partícula fluída (hipótese de continuidade).


Hipótese de continuidade (A partícula fluída)[editar | editar a fonte]

Considéranse tanto os gases como os líquidos xa non moléculas, senón masas fluídas. Deste xeito asegúrase que as propiedades varíen suavemente (sen discontinuidades).

O xeito de distinguir cando a hipótese de continuidade é válida consiste en comparar o camiño percorrido libre medio das moléculas coa lonxitude característica do sistema físico. Ó cociente entre estas lonxitudes denomínaselle número de Knudsen. Cando este número adimensional é moito menor á unidade, o material en cuestión pode considerarse un fluído (medio continuo). No caso contrario os efectos debidos á natureza molecular da materia non poden ser desprezados e debe utilizarse a mecánica estatística para predicir o comportamento da materia.

Outras aplicacións[editar | editar a fonte]

Unha derivación alternativa dos principios da mecánica de fluídos mediante a mecánica estatística xustifica o uso de modelos de mecánica de fluídos e a súa terminoloxía na enxeñaría do tránsito.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Campos de estudo

Ecuacións matemáticas que describen o comportamento dos fluídos

Tipos de fluídos

Tipos de fluxo

Propiedades dos fluídos

Números adimensionais

Outros[editar | editar a fonte]