Mealhada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MLD.png
Localización de Mealhada

Mealhada é unha cidade portuguesa, situada no Distrito de Aveiro, rexión Centro e subrexión do Baixo Mondego, con preto de 5.000 habitantes.

É sede dun municipio de 111,14 km² de área e 20.751 habitantes (2001), subdividido en oito freguesías (Antes, Barcouço, Casal Corda, Luso, Mealhada, Pampilhosa, Vacariça e Ventosa do Bairro), cunha densidade de poboación de 164,4 hab/km². O municipio limita ao norte co municipio de Anadia, ao leste con Mortágua, ao sueste con Penacova, ao sueste e ao sur con Coimbra e ao oeste con Cantanhede. O concelho ten a súa orixe no antigo coto de Vacariça. En 1836 foi creado o actual municipio.

O concello de Mealhada localízase na parte sur do distrito de Aveiro e forma parte da Rexión Centro (NUTS II) da Unidade Territorial do Baixo Mondego. Dada a súa veciñanza con Coimbra, o concello está moi influenciado por esta cidade e mantén unha estreita conexión coa urbe coimbricense en moitas materias.

Demografía[editar | editar a fonte]

Poboación do concello de Mealhada (1801 – 2004)
1801 1849 1900 1930 1960 1981 1991 2001 2004
2326 7102 9915 13869 17478 19305 18272 20751 21500