Mead (cráter)
| Mead | |
|---|---|
| Imaxe de radar do cráter Mead. As bandas verticais están asociadas ó procesado dos datos do radar, a iluminación ven dende a esquerda cun ángulo de 45° | |
| Tipo de accidente xeolóxico | Cráter |
| Accidente xeolóxico de | Venus |
| Diámetro | 270 km[1] |
| Profundidade | ? |
| Coordenadas | 12,5° N 57,2° E[1](coord. centrais) |
| Procedencia do nome | en honra a antropóloga americana Margaret Mead.[1] |
Mead é o cráter de impacto máis grande do planeta Venus, e fica exactamente nas coordenadas 12,5° N 57,2° E.[1] Ten máis de 270 km de diámetro[1] e posúe dous aneis concéntricos cara o borde do cráter. O seu chan semella ter unha morfoloxía moi semellante ás chairas que rodean o cráter.
Mead está clasificado coma un cráter de múltiples aneis, e considerase que a escarpa máis interior é o borde da cavidade orixinal do cráter. Non se observa ningún anel central ou pico central en Mead. A presenza de moitos grumos, brillantes ó radar que cruzan o chan escuro ó radar do cráter e os terreos adxacentes ás cristas dos bordes do cráter, suxiren a probabilidade de que o chan sexa único bloque que é concéntrico á cavidade orixinal do cráter pero que se estende moito máis aló dos límites das cristas do borde do cráter. O chan plano e que vai sendo máis brillante cara o interior é interpretado coma o resultado dun proceso de recheo da cavidade orixinal do cráter por parte de rochas fundidas debido ó calor do impacto inicial ou polo recheo de lavas de orixe volcánico. Cara o sueste dos bordes do cráter, o material expulsado polo impacto parece ser que foi detido pola presenza de cadeas montañosas preexistentes, impedindo así un proceso normal de depositación deste material.[2]
Recibiu o seu nome en honra a antropóloga americana Margaret Mead.[1]
Índice |
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Planetary Names: Crater, craters: Mead on Venus". Gazetteer of Planetary Nomenclature. USGS Astrogeology. http://planetarynames.wr.usgs.gov/Feature/3787?__fsk=1205211262. Consultado o 13-12-2011.
- ↑ "PIA00148: Venus - Mead Crater". Photojournal. JPL/NASA. http://photojournal.jpl.nasa.gov/catalog/PIA00148.