McLaren P1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
McLaren P1

Fabricante McLaren Automotive
País Reino Unido Reino Unido
Produción 375 producidos
Montaxe Woking, Surrey, Inglaterra
Período 2013-2015
Configuración
Tipo Automóbil superdeportivo
Carrozaría Cupé de 2 portas
Configuración Motor central-traseiro, tracción traseira
Dimensións
Lonxitude 4588 mm
Anchura 1946 mm
Altura 1188 mm
Distancia eixes 2670 mm
Peso 1395 kg
Características técnicas
Motor M838TQ V8 de 3,8 L de dobre turbo
Autonomía 480 km
Potencia 674 kW
Velocidade máxima 405 km/h
Modelos relacionados
Antecesor McLaren F1
Rival Koenigsegg Gemera


O McLaren P1 é un superdeportivo híbrido creado polo fabricante inglés McLaren. O coche saíu á luz no Salón do Automóbil de París de 2012. É o esperado sucesor do McLaren F1. Utiliza enerxía híbrida e tecnoloxía da Fórmula 1. O estilo deste automóbil está influenciado polo McLaren MP4-12C, pero ten paneis na carrocería para que pareza máis agresivo. O deseño dos faros semella o logotipo de McLaren.

Características técnicas[editar | editar a fonte]

O P1 pode chegar a alcanzar unha velocidade de 405 km/h, pero está limitada electronicamente a 350 km/h. O coche ten unha aceleración de 0 a 100 km/h en menos de 2.8 segundos, de 0 a 200 en 6.8 segundos e de 0 a 300 nuns 16.5 segundos, polo que é 5,5 segundos máis rápido ca o McLaren F1. Isto todo faino co seu conxunto de pneumáticos Pirelli P-Zero Corsa e pode frear cos seus freos especiais de carbono-cerámica de 100 km/h a 0 en menos de 30 m.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]