Mazarico galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mazarico galego
Numenius phaeopus
Numenius phaeopus
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: 'Numenius'
Especie: ''N. phaeopus''
Nome binomial
''Numenius phaeopus''
(Linnaeus, 1758)

O Mazarico galego ou mazarico chiador (Numenius phaeopus) é un ave da familia das Scolopacidae.

Morfoloxía e Hábitos[editar | editar a fonte]

Especie moi similar ó Mazarico real, aínda que máis pequeno ca este. Ten unha lonxitude de 41 cm e chega a pesar os 500 gramos. O peteiro (6-9 cm) é algo máis curto, con menos curvatura e algo máis groso có do Mazarico real. A súa envergadura oscila entre os 78-88 cm. Na cabeza ten dúas raias de cor marrón que poden ser moi marcadas dependendo do individuo. Machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Existe a subespecie hudsonicus, propia do Norte de América. Caracterizándose polo extremo das ás de cor negro. É un ave gregaria que a miúdo convive con outras limícolas. O seu hábitat natural son os terreos anegados, a tundra e os areais e zonas rochosas costeiras. Aliméntase de insectos, caracois, crustáceos. No outono tamén bagas silvestres.

Reprodución[editar | editar a fonte]

A femia pon catro ovos, que incuba durante 27-28 días. Os polos voas ás 5-6 semanas. O niño está no chan.

Distribución[editar | editar a fonte]

Durante a época de cría (maio a xullo) localízase en Islandia, Escandinavia, Noroeste de Rusia e nos Países Bálticos. No inverno, pódese atopar con frecuencia en toda a costa ibérica (incluída Galicia e excluída a Costa do Levante) e a costa do Marrocos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello de O Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)