Mayreau
| Mayreau | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Old Wall |
| País | San Vicente e as Granadinas |
| Localización | Mar Caribe |
| Arquipélago | Antillas Menores |
| Linguas | |
| Poboación (2007) | 300 hab. |
| Superficie | 4 km² |
| Densidade | 75 hab./km² |
| Coordenadas | 12°39′N 61°23′W / 12.650°N 61.383°W |
| Maior Altura | |
| Localización | |
Mayreau, é unha illa situada no sueste do Mar Caribe, que xeograficamente pertence ao Arquipélago das Granadinas e politicamente é parte do país de San Vicente e as Granadinas.
É unha illa pequena de aproximadamente 4 km², cunha poboación que apenas alcanza as 300 persoas, concentrada basicamente na localidade de Old Wall na parte alta do suroeste da illa. É unha Comunidade illada xa que só se pode acceder a esta por vía marítima a través de botes, ante a falta dun aeroporto.
O servizo de electricidade é algo recente sendo apenas instalado a partir do ano 2002, provista por un xerador central. As principais actividades económicas son o turismo e a pesca.
A illa conta con 3 fontes de auga doce na súa parte oriental. Salina Bay é chamada así por mor da pequena lagoa de auga salgada, que se atopa xusto ao leste da praia. O sal foi un dos recursos da illa que chegouse a exportar algunha vez, pero agora serve nada máis que para a demanda local.