Maximiliano Kolbe
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| San Maximiliano Kolbe O.F.M.Conv. | |
|---|---|
| Vidrieira que amosa a San Maximiliano na igrexa franciscana de Szombathely, Hungría | |
| Mártir | |
| Nado | 8 de xaneiro de 1894 en Zduńska Wola, Imperio Ruso (hoxendía Polonia) |
| Finado | 14 de agosto de 1941 en Campo de concentración de Auschwitz, Polonia |
| Venerado en | Igrexa Católica, Igrexa Luterana, Comuñón Anglicana |
| Beatificación | Basílica de San Pedro, Roma por Paulo VI |
| Canonización | 10 de outubro de 1982, Roma por Xoán Paulo II |
| Santuario principal | Basílica da Inmaculada Mediadora da Graza, Niepokalanów, Polonia |
| Festividade | 14 de agosto |
| Patrón/a de | drogadictos, familias, periodistas, prisioneiros, radioaficionados, movemento pro vida |
San Maximiliano Kolbe (8 de xaneiro de 1894 – 14 de agosto de 1941), foi un freire franciscano conventual polaco que deu a súa vida en lugar da dun descoñecido no campo de concentración nazi de Auschwitz.
Foi canonizado o 10 de outubro de 1982 por Xoán Paulo II, e declarado mártir da caridade.