Max Minghella
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Max Minghella | |
|---|---|
Minghella o 25 setembro de 2006 |
|
| Nacemento | Max Giorgio Choa Minghella 16 de setembro de 1985 Hampstead, Londres, |
| Profesión | Actor (2005-presente) |
| Ficha na IMDb | |
Max Giorgio Choa Minghella, nado o 16 de setembro de 1985 en Hampstead, Londres, é un actor inglés mellor coñecido como Max Minghella. É fillo do director de cine Anthony Minghella.
Índice |
Traxectoria [editar]
Max naceu no barrio londinense de Hampstead e é fillo do director de cine Anthony Minghella (1954—2008) e de Carolyn Choa, unha coreógrafa nada en Hong-Kong. Medrou entre os sets de rodaxe dos filmes do seu pai.
A súa carreira como actor comezou no 2005 e participou en varios fimes, como Ágora (2009), do director Alejandro Amenábar.
Actualmente vive en Londres, onde estuda e adoita participar en filmacións durante as vacacións de verán.
Filmografía [editar]
| Ano | Filme | Personaxe | Notas |
|---|---|---|---|
| 1997 | Toy Boys | Danny | Curtametraxe |
| 1998 | Let The Good Times Roll | Rapaz cun can | Curtametraxe |
| 2005 | Bee Season | Aaron Naumann | |
| Syriana | Robby Barnes | ||
| 2006 | Art School Confidential | Jerome Platz | |
| 2007 | Elvis and Anabelle | Elvis | |
| 2008 | How to Lose Friends & Alienate People | Vincent Lepak | |
| 2009 | Brief Interviews with Hideous Men | Kevin | |
| Ágora | Davus | ||
| 2010 | Hippie Hippie Shake | Martin Sharp | |
| The Social Network | Divya Narendra | ||
| 2011 | The Ides of March | Ben Harper | |
| The Darkest Hour | Pota |
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)