Max Brod

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Max Brod, nado en Praga o 27 de maio de 1884 e finado en Tel Aviv o 20 de decembro de 1968, foi un escritor, compositor e xornalista checo xudeu, posteriormente nacionalizado israelita e que desenvolveu a súa obra en lingua alemá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Malia ser autor dunha prolífica obra propia, debe boa parte da súa sona a ser o amigo e biógrafo do tamén escritor checo Franz Kafka. Como o seu albacea literario, rexeitou executar o desexo de Kafka de que se queimase a súa produción literaria, publicándoa e salvando así algunhas das novelas máis valoradas da literatura universal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]