Maurice Bellonte
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Maurice Alexis Jacques Bellonte 25 de outubro de 1896 Méru, Francia |
Morte | 14 de xaneiro de 1984 (87 anos) 16º distrito de París, Francia |
Lugar de sepultura | cemiterio de Passy, 12 Grave of Bellonte (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | aviador |
Lingua | Lingua francesa |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Obra | |
Arquivos en |
|
Premios | |
Maurice Bellonte, nado o 25 de outubro de 1896 en Méru (Oise) e morto en París o 14 de xaneiro de 1984, foi un aviador francés. Xunto con Dieudonné Costes realizou en 1930 nun Breguet XIX o primeiro voo sen escalas de París a Nova York.
Nado dun pai enxeñeiro, Bellonte interesouse desde moi novo pola técnica. Participou na primeira guerra mundial na aviación mais sen pilotar. Foi mecánico e navegador nas primeiras liñas aéreas despois da gran guerra. En 1923 coñece ó piloto Dieudonné Costes e formaron equipo en numerosos voos. Realizaron unha primeira tentativa de voo sen escalas París-Nova York en 1929 que non tivo éxito xa que logo de 17 horas tiveron que volver polo mal tempo, pero bateron o récord de distancia cun voo París-Qiqihar, no nordeste da (China), de 7925 km. Este voo demóstralles que o Breguet XIX con motor Hispano-Suíza 650 CV podía atravesar o Atlántico norte con ventos contrarios leste-oeste.
O primeiro voo París-Nova York realizouse finalmente entre o 1 e o 2 de setembro de 1930, despois de 37h 14min.
Covidado por Air France en 1977, Maurice Bellonte voou no Concorde no primeiro voo comercial supersónico París-Nova York, en 3h 30min. Ese ano publicou o libro Le premier Paris-New York.