Matthias Ettrich
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matthias Ettrich, nado o 14 de xuño de 1972 en Bietigheim, é un informático alemán.
Traxectoria [editar]
Estudiou na Universidade de Tubinga, Wilhelm Shickard Institute for Computer Science. Foi o autor orixinal de LyX, fundador do KDE e membro do equipo de desenvolvemento das librarias Qt. Actualmente vive en Oslo, Noruega e traballa para TrollTech.