Matthew Perry (actor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matthew Perry
Matthew Perry 2010 Emmy.jpg
Matthew Perry nos Premios Emmy do 2010.
Nacemento Matthew Langford Perry
19 de agosto de 1969 (45 anos)
Williamstown, Massachusetts, Estados Unidos de América Estados Unidos
Ficha na IMDb

Matthew Langford Perry, nado en Williamstown (Massachusetts) o 19 de agosto de 1969, é un actor estadounidense-canadense coñecido polo seu papel de Chandler Bing na serie Friends da NBC, pola que obtivo unha candidatura ao Premio Emmy en 2002. Perry tamén apareceu en Studio 60 on the Sunset Strip, así como papeis en películas como The Whole Nine Yards e a súa secuela The Whole Ten Yards e 17 Again. Perry tamén foi candidato para un Premio Emmy e un Globo de Ouro polo seu papel en The Ron Clark Story.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa nai, Suzanne Perry Morrison, é unha periodista canadense e ex-secretaria de prensa do Primeiro Ministro de Canadá, Pierre Trudeau, e o seu pai, John Bennett Perry, é un actor estadounidense e ex-modelo. Os seus pais divorciáronse antes do seu primeiro aniversario e a súa nai casou con Keith Morrison, un periodista de televisión. Perry foi criado pola súa nai en Otava, Ontario e estudou na Rockcliffe Park Public School e Ashbury College. Durante a súa infancia mostrouse particularmente interesado no tenis.

Carreira[editar | editar a fonte]

Década de 1980[editar | editar a fonte]

Perry estudou en Glebe Collegiate Institute en Otava. Presentouse como George Gibbs en Our Town e apareceu como un mozo nunha produción chamada The Miracle Worker. Patty Duke asistíu e eloxiou a Perry polo seu papel de Jimmy, irmán de Helen. Tamén apareceu en The Sound of Music como un mozo. No seu derradeiro ano, o director Tim Hillman tiña previsto unha produción de The Elephant Man, especificamente para ofrecerlle o papel de John Merrick, xunto con Vanessa Smith e a futura estrela de Les Misérables, Lisa Capps. Logo comezou a súa carreira profesional á idade de 18 anos.

Ao ser parte de A Night in the Life of Jimmy Reardon con River Phoenix, Perry retirouse de The Elephant Man e rematou a súa carreira como actor secundario. Tamén se dedicou á comedia improvisada en LA Connection en Sherman Oaks, mentres estaba en preparatoria, converténdose rapidamente nun intérprete destacado.

Despois dalgunhas aparicións na televisión a finais de 1980, a súa intención foi inscribirse na Universidade do Sur de California, cando lle ofreceron o papel principal de Chazz Russell en Second Chance e comezou a facerse notar na actuación. Perry protagonizou xunto a Kiel Martin esta serie cando se estreou en 1987, pero despois de 13 episodios, o formato do programa mudou: Second Chance converteuse en "Boys Will Be Boys", A pesar do cambio, o show só durou unha tempada. Cando chegou a súa fin, Perry quedou en Los Angeles e fixo a súa aparición no programa de televisión Growing Pains no que interpretou ao mozo de Carol que morre polas súas feridas no hospital, sufridas nun accidente por conducir ebrio.

Década de 1990[editar | editar a fonte]

En 1991 fixo unha aparición especial en Beverly Hills, 90210 como Roger Azarian. Perry era unha personaxe regular na serie Sydney da CBS en 1990, interpretando ao irmán menor da personaxe de Valerie Bertinelli. Tres anos máis tarde, logrou o seu segundo papel protagonista, na serie da ABC, que só durou 13 episodios na primavera de 1993. Para entón, Perry formou parte nun novo piloto dramático titulado LAX 2194. O proxecto tardou en saír, polo que intentou conseguir un papel para o piloto Six of One como un respaldo, que máis tarde sería coñecido como Friends, creada por Marta Kauffman e David Crane, que anteriormente xa traballaran xuntos en Dream On. Matthew conseguiu o papel de Chandler Bing.

O programa foi todo un éxito, e valeulle candidaturas nos Premios Emmy en 2002 por Mellor Actor Principal nunha Serie de Comedia, xunto con Matt LeBlanc. Ademais da súa exitosa carreira en Friends, Matthew apareceu en películas como "Fools Rush In" (xunto ao seu pai John Bennett Perry e Salma Hayek), Almost Heroes, Three to Tango, The Whole Nine Yards (xunto a Bruce Willis) e a súa secuela, The Whole Ten Yards, e Serving Sara.

Anos 2000[editar | editar a fonte]

Aínda que é coñecido principalmente polos seus papeis cómicos, Perry fraguouse unha carreira no teatro. As súas tres aparicións na serie The West Wing (dúas veces na cuarta tempada e unha vez na quinta) valéronlle dúas candidaturas aos Premios Emmy ao mellor actor convidade nunha serie dramática en 2003 e 2004. Tamén actuou como o avogado Todd Merrick en dous episodios cerca do final da 5ª tempada de Ally McBeal, incluíndo un especial de 2 horas.

Despois de Friends, Perry fixo o seu debut como director nun episodio da 4ª tempada de Scrubs.

Actuou na película de TNT, The Ron Clark Story, que se estreou o 13 de agosto de 2006. Perry protagonizou a Ron Clark, un profesor dunha pequena cidade. Recibiu unha candidatura ao Globo de Ouro, así como unha candidatura ao Emmy pola interpretación.

Durante o período 2006-2007, Perry apareceu no drama de Aaron Sorkin, Studio 60 on the Sunset Strip .[1]

En 2006 comezou a filmar Numb, unha comedia dramática sobre un escritor con depresión crónica. A data da película foi posposta varias veces, pero finalmente foi lanzada en DVD o 13 de maio de 2008. Tamén apareceu en Sexual Perversity in Chicago. creada por David Mamet, en Londres.[2] En 2009 protagonizou a película 17 Again representando ao maior Mike O'Donnell.

Showtime pasou nun piloto chamado The End of Steve, unha comedia de humor negro protagonizada, escrita e producida por Peter Tolan e Perry.[3]

A nova serie creada por Matthew Perry chegou ás mans da ABC, segundo The Hollywood Reporter. Baséase nunha idea orixinal de Perry, e será escrita por el mesmo, así como Alex Barnow Firek e Marc, asignados como os produtores executivos. Thomas Schlamme está en conversacións para dirixir.[4] O novo piloto chámase Mr. Sunshine.[5] En Xaneiro de 2010, anunciouse que a ABC aceptou lanzar Mr. Sunshine. Tamén se revelou que o proxecto é unha comedia protagonizada por unha única cámara e con Perry como un home que sofre unha crise debido a que ten 40 anos. A empresa ven de Sony TV e Jamie Tarses Fanfare Productions.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

A pesar das relacións con figuras tan coñecidas como Julia Roberts, Yasmine Bleeth e Lauren Graham, Perry permanece solteiro.[7] Segundo os informes, sae coa estudante de moda Rachel Dunn.[8]

Perry fixo unha rehabilitación de 28 días en 1997 por unha adicción ao Vicodin.[9]

Perry volveu entrar en rehabilitación en marzo de 2001 para tratar unha adicción a Vicodin, metadona, a velocidade e o alcohol. Perry atopábase en Dallas coa filmación de Serving Sara con Elizabeth Hurley cando tivo uns severos dores de estómago, polo que chamou a un médico local, quen lle aconsellou rehabilitación. Perry voou a Los Angeles e rexistrouse no Marina del Rey's Daniel Freeman Hospital. A publicista de Perry, Lisa Kasteler confirmou a súa rehabilitación.[10]

Anécdotas[editar | editar a fonte]

  • A Perry fáltalle unha parte do dedo corazón debido a un portazo cando era un neno.
  • Matthew comezou a actuar aos quince anos. Mantén a dobre nacionalidade (estadounidense e canadense).
  • Matthew Perry loitou moitos anos contra a bebida e o cigarro pero pouco a pouco foi superándoo.
  • A menos dunha semana do final da serie Friends, o seu amigo Howard Deutch gastoulle unha broma no programa de Ashton Kutcher, Punk'd. Enviaron a Perry a un almacén de coches roubados onde o FBI detivo a Perry e Deutch por mercar vehículos no mercado negro.
  • En novembro de 2004, despois do final de Friends, Perry dirixiu e actuou nun episodio de Scrubs. O seu pai tamén participou como pai do personaxe que interpretaba Matthew (ambos xa interpretaran papeis na película Fools Rush In).
  • Participou na curtametraxe de Lazy Sunday.
  • Rexeitou o papel de Harry Connick Jr. en Independence Day.
  • Matthew é un gran cómico. Os guionistas incluiron chistes seus no guión de Friends.
  • O seu amigo Bruce Willis participou nuns episodios de Friends gratis tras perder unha aposta con Matthew.

Premios e Nominacións[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Comentarios
1988 Dance 'Til Dawn Roger
1997 Fools Rush In Alex Whitman
1998 Almost Heroes Leslie Edwards
1999 Three to Tango Oscar Novak
2000 The Whole Nine Yards Nicholas 'Oz' Oseransky 2 películas
2002 Serving Sara Joe Tyler
2004 The Whole Ten Yards Nicholas 'Oz' Oseransky junto con Bruce Willis
2006 The Ron Clark Story Ron Clark telefilme
2008 Numb Hudson posprodución
2008 The Beginning of Wisdom Del posprodución
2008 Birds of America Morrie posprodución
2009 17 Again Mike O' Donnell (adulto)
2010 Lovers Kristoph (Astrid´s Lover)

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Comentarios
1991 Beverly Hills, 90210 Roger Azarian Episodio 18, 1ª temrada: "April Is the Cruelest Month"
1994 - 2004 Friends Chandler Bing Protagonista
2001 The Simpsons Matthew Perry Voz Episodio 1, 13ª tempada: "Treehouse of Horror XII"
2002 Ally McBeal Attorney Todd Merrick Episodios 16 e 17 da 5 tempada
2003 The West Wing Joe Quincy 3 episodios
2004 Scrubs Murray Marks Convidado en "My Unicorn" episodio 4, tempada 11 e tamén director
2006 - 2007 Studio 60 on the Sunset Strip Matt Albey Protagonista
2009 - presente The End of Steve Steve Protagonista, dirección e produción
2010 - presente Mr. Sunshine Ben Protagonista e Co-creador

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matthew Perry

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]