Matthew Nathan
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matthew Nathan, nado en Paddington, Inglaterra, o 3 de xaneiro de 1862 e finado en West Coker, tamén Inglaterra, o 18 de abril de 1939, foi un político e militar británico.
Traxectoria [editar]
Foi gobernador da colonia británica de Costa do Ouro, actual Gana, (1900 - 1904), de Hong Kong (1904 - 1907), de KwaZulu-Natal, na actual Sudáfrica, (1907 - 1909) e de Queensland, Australia, (1920 - 1925). Ostentou o cargo de Subsecretario británico para Irlanda de 1914 a 1916, sendo o responsable, xunto co Secretario Xefe para Irlanda Augustine Birrell, de coordinar a resposta británica ao Alzamento de Pascua.