Matthew Le Tissier
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Matthew Paul Le Tissier | ||
| Nacemento | 14 de outubro de 1968 (44 anos) | ||
| Lugar | St. Peter Port, Guernsey | ||
| Altura | 1,83 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1978-1985 | Vale Recreation | ||
| 1985–1986 | Southampton | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1986–2002 | Southampton | 443 | (162) |
| Selección nacional | |||
| 1988–1990 | Inglaterra sub-21 | 21 | (3) |
| 1990–1998 | Inglaterra B | 6 | (3) |
| 1994–1997 | Inglaterra | 8 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Matthew Le Tissier, nado o 14 de outubro de 1968 en Saint Peter Port (Guernsey), é un ex futbolista inglés. Xogaba de centrocampista defensivo e foi internacional coa selección inglesa. Pasou toda a súa carreira no Southampton FC.
Índice |
Traxectoria[editar]
Naceu na illa de Guernsey, situada no Canal da Mancha entre Inglaterra e Francia. Xogou desde os 18 anos no Southampton FC, onde coincidiu con Alan Shearer antes da súa marcha ao Blackburn Rovers. Nas quince tempadas que permaneceu activo (1986–2002) vestiu a camiseta branca e vermella en máis de 500 partidos entre a Premier League, a FA Cup e a Football League Cup, anotando máis de 200 goles. A súa mellor época foi entre as tempadas 89/90 e 94/95, marcando 96 goles en liga en 6 anos, destacando un que lle marcou ao Blackburn desde preto do círculo central, elixido gol da tempada 94/95 por votación popular.
En maio de 2002 organizouse un partido de homenaxe entre o Southampton e unha selección de Inglaterra, cun combinado formado por xente como Alan Shearer, Tim Flowers, Paul Gascoigne ou Ronnie Ekelund e adestradores como Alan Ball, Kevin Keegan ou Lawrie McMenemy. Os Saints, a afección do Victorian Former Ground (The Dell), alcumábao the God, co cántico de "he is God, Le God".
O concello de Hampshire concedeulle o título de "Freedom of the City". Actualmente traballa para SKY, e obtivo a licencia pro de Management, polo que pode adestrar equipos de calquera división.
Estatísticas[editar]
| Club | Período | Liga PJ (G) |
FA Cup PJ (G) |
League Cup PJ (G) |
TOTAL PJ (G) |
Promedio |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1986–2002 | 443 (162) | 33 (12) | 52 (27) | 528 (201) | 0,38 % |
Selección nacional[editar]
Ao nacer en Guernsey puido elixir entre xogar coa selección inglesa ou a selección de Francia, decidíndose polo combinado inglés. Debutou o 15 de febreiro de 1995 da man de Terry Venables nun amistoso contra a selección irlandesa en Lansdowne Road. Porén, só xogou 8 encontros co combinado nacional.