Matteo Bandello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matteo Bandello
Nacemento1485 e 1485
Lugar de nacementoCastelnuovo Scrivia
Falecemento1561
Lugar de falecementoAgen
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico, poeta, escritor e bispo católico
Na rede
Musicbrainz: a1aa6e72-6d96-4749-ab5c-3baa6d5ce899 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Matteo Bandello, nado en Castelnuovo Scrivia en 1480 e finado en Agen en 1562, foi un escritor italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Pavia e ao rematar os estudos entrou na orde dos dominicos, da que saíu en 1526. Viviu en Mantua durante moitos, ao cargo da educación de Lucrezia Gonzaga. A batalla de Pavia, na que Lombardía pasou ao emperador, obrigou a Bandello a marchar a Agen, Francia onde foi bispo dende 1550.

Bandello escribiu numerosos poemas, como un Canzonieri seguindo o estilo de Petrarca, pero debe a súa fama á súa colección de contos (214) que recolleu nun libro en 1554 e outros que apareceron postumamente en 1573, eses contos fixérono inmensamente popular, pertencen ao mesmo xénero que o Decamerón de Boccaccio ou o Heptaméron de Margarida de Navarra. Shakespeare baseouse en moitos dos seus contos para as súas obras, visible en especial en Romeo e Xulieta.