Matt Doran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matt Doran
Nacemento Matthew N. Doran
30 de marzo de 1976
Sidney, Australia Australia
Profesión actor
Ficha na IMDb

Matthew N. Doran[1], nado o 30 de marzo de 1976 en Sidney, é un actor australiano coñecido polo seu papel como "Mouse" (en galego:"Rato") en Matrix.

Índice

Formación [editar]

Estudou interpretación por dous anos na "Australian Film Academy e TV" e gañou un premio de Mellor Performance e Mellor Estudante en 1991.

Traxectoria [editar]

Despois de formarse, conseguiu un papel principal na película, "Pirates' Island", e fixo unha aparición no E Street.

Doran tamén fixo o papel do neno Damien Roberts na telenovela australiana "Home e Away" entre 1992 e 1996. Protagonizou "GP", "Fallen Angels", "Water Rats", "Medivac", "Call Murder", "Farscape" e "Stingers".

No 2008, desempeñou o papel de James Marshall no filme máis recente de Darren K. Hawkins, "Next Door to the Velinskys".

Filmografía [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]