Matrimonio entre persoas do mesmo sexo en Suráfrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O matrimonio homosexual tornouse legal en Suráfrica o 30 de novembro de 2006, sendo o quinto estado en facelo, e o primeiro en África.

Historia e características[editar | editar a fonte]

En xullo de 2002, a Corte Superior de Suráfrica indicou que era discriminatorio e inconstitucional que a lei surafricana non permita o matrimonio entre persoas do mesmo sexo.

En decembro de 2005, o Tribunal Constitucional surafricano deu un prazo de doce meses ao parlamento para adaptar a súa lexislación de xeito que as parellas homosexuais puideran acceder á Lei Nacional sobre Matrimonio.

Na sentenza de 2005, o xuíz Albie Sachs ditaminou, que a reformada Lei Nacional de Matrimonio debe tamén incluír as palabras "ou cónxuxe" tralas palabras esposa ou marido. Se tras o prazo de doce meses dado polo tribunal ao parlamento non se cambiase o texto da lei, os tribunais aplicarían esas palabras automaticamente.

A resolución xudicial que declarou que a Le Nacional sobre Matrimonio era inconstitucional foi consensuada pola totalidade dos membros do tribunal, xa que a Constitución surafricana prohibe expresamente a discriminación por razón da orientación sexual. Se ben unha minoría do tribunal quería o cambio inmediato e automático da lei, a maioría votou darlle ao parlamento un ano de prazo.

O tribunal permite tamén aos funcionarios a obxección de conciencia con respecto á aplicación da Lei Nacional sobre Matrimonio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]