Matrimonio entre persoas do mesmo sexo en Bélxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa que mostra o estado dos dereitos GLBT na Europa.      Matrimonios homosexuais      Unións civís      Rexistro cohabitacional      Sen recoñecemento ou sen datos      Matrimonio homosexual prohibido

O matrimonio do mesmo sexo en Bélxica comezou o 30 de xaneiro de 2003 coa promulgación da nova lei por parte do parlamento belga, converténdose no segundo país do mundo, tralos Países Baixos, en legalizar o matrimonio homosexual. Dende o 2006, a lei permite que as parellas homosexuais adopten cativos.

Orixinalmente, o goberno permitía o matrimonio de parellas homosexuais estranxeiras só se nos seus países de orixe tamén permitían estas unións. Mais, tras unha revisión da lei en outubro do 2004, permítese o matrimonio de calquera parella adulta en Bélxica se polo menos unha das dúas persoas viviu no estado durante un mínimo de tres meses.

Segundo o goberno belga, aproximadamente 300 parellas homosexuais casaron no primeiro ano de matrimonio gay legal no país.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]