Mato Groso do Sur - Mato Grosso do Sul
|
|
|||
| Capital | Campo Grande | ||
| Superficie | 358.158,7 km² | ||
| Poboación Densidade |
2 297 981(2006) 6,42 hab/km² |
||
| Fuso horario | GMT-4 (1 hora menos que Brasilia) |
||
| Gobernador | André Puccinelli | ||
| Mapa do Brasil con Mato Groso do Sur | |||
|---|---|---|---|
Mato Grosso do Sur (en portugués, Mato Grosso do Sul) é un estado brasileiro localizado ó sur da rexión Centro-Oeste. Ten como límites: Mato Groso ó norte, Goiás ó nordeste, Minas Xerais e São Paulo ó leste, Paraná ó sudeste, o Paraguai ó sur e sudoeste, e Bolivia ao oeste. Ocupa unha superficie de 358.158,7 km². A capital é a cidade de Campo Grande. Outras cidades importantes son: Dourados, Corumbá e Três Lagoas.
O ecosistema do Pantanal ocupa o extremo oeste do Estado; as planicies ocupan o noroeste; e as mesetas con escarpados das Serra da Bodoquena, o este. Os ríos Paraguai, río Paraná, Paranaíba, Miranda, Aquidauana, Taquiri, Negro, Apa e Correntes son os ríos principais.
Economía [editar]
A súa economía baséase na agricultura (soia, millo, algodón, arroz, cana de azucre); na gandería; na minería (ferro, manganeso, pedra calcaria); e na industria alimenticia, de cimento e mineira.
O turismo ten grande potencial no estado, grazas ás paisaxes naturais do Pantanal e da cidade de Bonito.