Matisyahu
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Matisyahu | |
|---|---|
| Nome completo | Matthew Paul Miller |
| Alias | |
| Naceu | 30 de xuño de 1979 (33 anos) |
| Orixe | West Chester, Pensilvania, |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | Músico, rapeiro, activista |
| Xénero | reggae, rock alternativo |
| Instrumento(s) | voz, beatboxing |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | Fallen Sparks, JDub, Epic, SBMG Records |
| Relacionado con | Sublime Umphrey's McGee Citizen Cope Infected Mushroom Akon Bob Marley Les Claypool Phish |
| Tempo en activo | 2000–presente |
| Web | http://www.matisyahuworld.com |
Matthew Paul Miller, nado o 30 de xuño de 1979 en West Chester, Pensilvania, é un músico americano, máis coñecido polo seu nome hebreo e tamén artístico Matisyahu. Ten aparecido na radio, na televisión e no cine, sendo destacable a súa actuación no filme The Possession.
Coñecido por mesturar temas xudeus con reggae, rock e sons de hip hop e beatboxing, sacou o seu primeiro sinxelo no 2005, chamado "King Without a Crown", que estivo no Top 40 nos Estados Unidos.[1] Dende o 2004, lanzou tres álbums de estudio, dous álbums ó vivo, dous CDs de remix e dous DVD das súas actuacións en concertos. Ó longo da súa carreira, Matisyahu traballou con Bill Laswell e cos produtores de reggae Sly & Robbie.
Índice |
Membros do seu grupo [editar]
- Matisyahu (Matthew Paul Miller): voz, beatbox
- Aaron Dugan: guitarra eléctrica.
- Jonah David – Batería
- Josh Werner – Baixo, Teclados
Novos Integrantes:
- Joe Tomino - Batería
- Stu Brooks - Baixo
- D.P. Holmes - Guitarra
Discografía [editar]
- 2004: Shake off the dust... arise (JDub Records)
- 2005: Live at Stubb’s (JDub Records y Epic Records)
- 2006: Youth (JDub Records y Epic Records)
- 2006: Youth dub (Sony)
- 2006: No place to be (Epic Records)
- 2008: Shattered EP (Epic Records)
- 2009: Light (Epic Records)
- 2011: Miracle EP (Epic Records)
- 2012: Spark seeker
Notas [editar]
- ↑ "Matisyahu". Billboard.com. http://www.billboard.com/#/artist/matisyahu/chart-history/652886. Consultado o 2010-02-15.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial (en inglés)