Mateu Morral i Roca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mateo Morral»)
Infotaula de personaMateu Morral i Roca

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1879 Editar o valor em Wikidata
Sabadell, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xuño de 1906 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Torrejón de Ardoz, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio Civil de Madrid Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSabadell Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónanarquista , operário textil (pt) Traducir , bibliotecario , mestre , Terrorista anarquista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
31 de maio de 1906Morral affair (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Mateu Morral i Roca, nado en Sabadell o 27 de novembro de 1879[1] e finado en Torrejón de Ardoz o 2 de xuño de 1906, foi un anarquista catalán. É coñecido como responsable do atentado contra Afonso XIII e a raíña Vitoria Uxía de Battenberg o día da súa voda, o 31 de maio de 1906.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do empresario téxtil (fiadura) Martín Morral de Sabadell que militaba en Unión Republicana mentres que a súa nai Ángela Roca, era unha católica integrista, moi influída polas ideas do crego, tamén sabadellense, Félix Sardá i Salvany.​[2] Falaba varios idiomas. Nunha viaxe por Alemaña coñeceu e adoptou o anarquismo como ideoloxía. De volta en España decidiu abandonar o negocio familiar, e comezou a traballar con Francesc Ferrer i Guàrdia como bibliotecario. Nese período escribe algúns textos breves, como "Pensamientos Revolucionarios de Nicolás Estévanez", publicado cun prólogo de Federico Urales.

Atentado[editar | editar a fonte]

En 1906 viaxou a Madrid a preparar o atentado contra o rei, consistente nunha bomba de fabricación caseira das denominadas de inversión, tamén coñecidas como bomba Orsini. O propio Mateo Morral escribira unha "descrición minuciosa de como había de fabricarse o explosivo" nun libro titulado Pensamiento revolucionario.[3] A bomba, segundo Pío Baroja, fóralle entregada dez días antes, prodecente de Francia e envolta nunha bandeira francesa, polo seu ideólogo favorito, o militar e exministro da Guerra durante a Primeira República, Nicolás Estévanez. A bomba estaba oculta nun ramo de flores que guindou desde o balcón da pensión na que se hospedaba contra a comitiva ó paso desta.

A pensión estaba localizada no terceiro piso do número 84 da rúa Maior. O ramo coa bomba foi dirixido cara a carroza real, pero tropezou na súa caída co tendido do tranvía, desviándose cara a multitude que estaba observando a comitiva. Os reis saíron ilesos, pero case trinta persoas morreron. Morral conseguiu escapar de Madrid (ó parecer coa axuda do xornalista José Nakens), pero o 2 de xuño foi recoñecido por varias persoas nun terreo próximo a Torrejón de Ardoz, onde se detivo para comer. Estas persoas avisaron a un garda xurado particular de campo, Fructuoso Vega, que tras algunhas pescudas conminouno a seguilo. Entregouse pacificamente, pero cando era conducido polo garda ó cuarteliño de Torrejón de Ardoz matouno dun tiro, suicidándose a continuación.

Tanto o seu corpo como o do garda foron mostrados na Casa do Concello da vila ata que foron levados a Madrid ás poucas horas.

No posterior xuízo José Nakens, Francesc Ferrer i Guàrdia e outros anarquistas foron condenados por conspiración. Un ano despois foron indultados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Masjuan (2009), p. 26
  2. Berenguer, Arnau. "Morral Roca, Mateu". historiadesabadell.com (en catalán). Consultado o 10-4-2020. 
  3. Pérez Abellán, Francisco (1-4-2015). "Mateo Morral y su trama intentaron matar al Rey en París un año antes". abc.es (en castelán). Consultado o 10-4-2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Masjuan, Eduard (2009). Un héroe trágico del anarquismo español. Mateo Morral, 1879-1906. Colección: Antrazyt (en castelán). Barcelona: Icaria. ISBN 978-8498881288. 
  • Nakens, José (2010). Grimaldos, Alfredo, ed. Puntos Negros y otros artículos (en castelán). Madrid: La Linterna Sorda Ediciones. ISBN 978-8493656287. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]