Mata Amritanandamayi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mātā Amritanandamayī Devī
Mātā Amritanandamayī Devī
Amma, a santa dos abrazos
Nacemento: 27 de setembro de 1953
India India, Parayakadavu, Alappad Panchayat, Kollam District, Kerala
Nacionalidade: india

Mātā Amritanandamayī Devi (Devanagiri: माता अमृतानन्‍दमयी, Malayalam: മാതാ അമൃതാനന്ദമയി), nada o 27 de setembro de 1953, é unha líder espiritual hindú considerada como unha santa polos seus seguidores, máis coñecida como Amma (que significa nai), Ammachi ou Mai.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Amma naceu o 27 de setembro de 1953 nunha pequena vila de Kerala (ao Sur da India). Recibiu o nome de Sudhamani e, xa durante a súa infancia, segundo os seus pais víana moitas veces nun estado de profunda meditación. Era unha gran devota de Krishna e aos cinco anos xa compuña pequenos cantos devocionais.

Cando Sudhamani só tiña nove anos, súa nai enfermou e ela tivo que ser a encargada da cociña e da casa. Tivo que deixar a escola, a pesar de que era unha grande estudante. Ela oferecíalle ao Señor cada minuto da súa longa xornada de traballo, mais os membros da súa familia non entendían tanta mística e a nena aguantaba malos tratos. Ao acabar o traballo, contra a noite, Sudhamani poñíase a meditar, cantar ou rezar, e así pasaba a noite.

Ela observaba moita dor e sufrimento ao seu redor, e a resposta que recibía era que tiñan que pagar o seu karma, mais esta resposta non a contentaba. A crueldade e o egoísmo do mundo só facían acrecentar o amor que Sudhamani lle tiña a Deus. A súa procura da Divindade tiña agora o obxectivo de consolar o sufrimento e a dor de todos os seres. Así, comezou a doar alimentos da súa propia casa aos veciños e pobres que vía, a pesar dos castigos que recibía por facelo.

Aos vinte e dous anos, Amma (nome que emprega desde entón) difunde a súa mensaxe espiritual, de maneira que innúmeras persoas foron ao seu lado para recibir a súa bendición. Ela aceptou un grupo de discípulos que comezou a formar segundo a tradición dos monxes da India. A partir de 1987, tamén comeza unha xira anual por todo o mundo, ademais dos seus xa habituais desprazamentos pola India. Desde o principio, a humildade e a compaixón, expresadas en silencio e con amor, impresionaron e conmoveron os occidentais que se acercaban a ela.

Ensinanzas[editar | editar a fonte]

A súa figura converteuse nun foco de peregrinación ao que acuden os seus seguidores para recibiren as súas bendicións, e a casa onde naceu ficou transformada nun ashram, pois Amma aceptou un grupo de discípulos que viven segundo as regras do sanyasa, propias da vida tradicional dos monxes da India. Realizou tamén numerosas viaxes pola India e desde 1987 xiras mundiais nas que transmite a súa mensaxe de amor.

En 1995 foi invitada para falar nas celebracións ecuménicas que tiveron lugar en Nova York ao se conmemorar o cincuenta aniversario das Nacións Unidas. En agosto de 2000 foi invitada polo Secretario da ONU para participar e intervir no Cume do Milenio pola Paz Mundial. En outubro de 2002 a ONU concedeulle o Premio á Non-Violencia Gandhi King e en xullo de 2004 clausurou cun importante discurso o Parlamento Mundial das Relixións, celebrado no Forum de Barcelona.

As súas ensinanzas son unha chamada para que as persoas volvan a súa mirada cara as nobres cualidades na vida cotiá. Ela afirma que o ser humano non pode progresar espiritualmente se non desenvolve un espírito altruísta.

Desta maneira, creou numerosas obras caritativas co obxectivo constante do desenvolvemento da persoa en todas as suas dimensións: escolas, hospitais, campamentos médicos, vivendas, pensións para mulleres sen recursos, orfanatos e centros de ensino superior (informática, medicina, enfermaría, enxeñaría, etc).

Amma obtivo aínda máis proxección en 2004, ao ser a maior doadora particular na traxedia da tsunami que aflixiu boa parte do sur da Asia, pois doou 23 millóns de dólares. Doou tamén un millón para o Fondo das Vítimas do Furacán Katrina.

Eventos internacionais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Que a paz e a felicidade prevalezan" Parlamento das Relixions Barcelona 2004 (video)
  2. "Comprension e Colaboracion entre Relixions" Interfaith James Park 2006 (video)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]