Masanobu Fukuoka
Masanobu Fukuoka, nado en Iyo (Ehime) o 2 de febreiro de 1913 e finado o 16 de agosto de 2008, foi un agricultor e microbiólogo xaponés, autor das obras The One-Straw Revolution: An Introduction to Natural Farming e A Senda natural do Cultivo, nas cales presenta as suas propostas para unha forma de agricultura chamada agricultura natural ou o método Fukuoka. En 1988 recibiu o Premio Ramon Magsaysay na categoría Servizo Público (equivalente ao Premio Nobel, pero asiático), pola súa contribución para o ben da humanidade.
Nos últimos 20-30 anos utilizou o seu método para reforestar zonas con tendencia á desertificación. Na Tailandia, nas Filipinas, na India e nalguns países africanos transformou pequenas rexións desertificadas en áreas verdes. Tamén iniciou un proxecto de reforestación en Grecia[1].
Índice |
Traxectoria [editar]
Descendente dunha familia dedicada á agricultura desde hai séculos, comezou a súa carreira como edafólogo, desviándose despois cara á fitopatoloxía. Á idade de 25 anos, comezou a dubidar da sabedoría da agronomía moderna. Guiado pola súa intuición, decidiu buscar un método de cultivo que protexese as características da terra e eliminase traballos innecesarios. Deixou o seu traballo como científico de investigación, e volveu á súa granxa familiar na Illa de Shikoku -no Xapón meridional- para cultivar laranxas mikan ecolóxicas. Desde ese punto dedicou a súa vida a desenvolver un sistema de cultivo ecolóxico único que non precisa arrincar as "malas" herbas, nin usar pesticidas nin fertilizantes, nin tampouco labranza.
O Método Fukuoka [editar]
Fukuoka practica un sistema de cultivo que el denomina "agricultura natural". Aínda que algunhas das suas prácticas son específicas para o Xapón, a idea que rixe o seu método aplicouse con éxito ao redor do mundo. O seu sistema encádrase dentro do ámbito da Permacultura.
A esencia do método de Fukuoka é reproducir as condicións naturais tan fielmente como sexa posible de modo que o solo se enriquece progresivamente e a calidade dos alimentos cultivados aumenta sen ningún esforzo.
Principios de traballo [editar]
- Non arar: desta forma mantense a estrutura e composición do solo coas suas características óptimas de humidade e micronutrientes
- Non usar fertilizantes: mediante a interacción dos diferentes elementos botánicos, animais e minerais do solo, a fertilidade da terra de cultivo rexenérase como en calquera ecosistema non domesticado.
- Non eliminar malas herbas nin usar herbicidas: estes destrúen os nutrientes e microorganismos do solo, e só se xustifican en monocultivos. Pero Fukuoka propón unha interacción de plantas que enriquece e controla a biodiversidade dun solo.
- Non usar pesticidas: tamén matan a riqueza natural do solo. A presenza de insectos pode equilibrarse nun cultivo.
- Non podar: deixar que as plantas sigan o seu curso natural.
- Bolas de arxila (Nendo Dango).
Estes principios de traballo baséanse nunha filosofía de non facer (Wu Wei) , ou máis exactamente non intervir. Fukuoka alcanzou un grao de comprensión dos microecosistemas do solo, de maneira que ideou un sistema de traballo que libera de laboreo e esforzos innecesarios da agricultura coñecida. O seu método, chamado ás veces por el como Agricultura Natural Mahāyāna, baséase en comezar dando e logo recibir de forma natural , en lugar de exixir á Terra até esgotala.
Sistema de traballo [editar]
O sistema Fukuoka baéase en respectar, e incluso potenciar, os ciclos naturais, de maneira que estes aseguran unha mellor calidade do crecemento das plantas. Mediante sinxelas intervencións no momento adecuado, permite reducir considerablemente o tempo de traballo. Estas intervencións teñen a súa base na interacción da biosfera e do solo.
- Por exemplo:
Bolas de arxila (Nendo dango) [editar]
Para mellorar a produción da Natureza coa menor intervención posible ideou un sistema que permite substituir o arado así como os espantallos e outros métodos:
- Mesturando sementes dentro de boliñas de barro duns 2 ou 3 cm que logo espallará polo campo
- as bolas desfaranse coa primeira chuvia intensa, e as sementes comenzarán a agromar, até enton protexidas dos animais e o tempo.
- na mestura de sementes veñen incluídas as sementes do cultivo que se quere facer, xunto a outras plantas (principalmente trevo branco) que xerminarán máis axiña e crearán unha capa fina que protexerá o solo da luz, impedindo o nacemento de herbas, pero non de cereais ou o que se queira cultivar.
- En lugar de arar ou desherbar o campo, recóbrese con restos das plantas cultivadas na colleita anterior, de forma que se crea unha compostaxe natural, que conserva a humidade e os nutrientes e impide a proliferación de herbas non desexadas.
Outros detalles
- Nas bolas de arxila pode incluirse unha parte de fertilizante natural (esterco ou outros)
- Un pouco de pementa de caiena axuda a disuadir os animais que poden comer as sementes
- Nas bolas poden incluirse diversas combinacións, segundo sexa o cultivo de cereais, hortalizas, froiteiras, zona boscosa, etc. de modo que poden ter moitos máis usos que o de produción de alimentos agrícolas: reforestación, reverdecemento, rexeneración de solos...
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- The One-Straw Revolution: An Introduction to Natural Farming ("La revolución de una brizna de paja" o "La revolución de un rastrojo" (en castelán), ISBN 0-87857-220-1.
- The Natural Way of Farming: The Theory and Practice of Green Philosophy by Masanobu Fukuoka, Frederic P. Metreaud, ISBN 0-87040-613-2.
- The Road Back to Nature: Regaining the Paradise Lost by Masanobu Fukuoka, et al, ISBN 0-87040-673-6.
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Rede Internacional de Permacultura Global (en castelán).
- Permacultura (en castelán).
- Greening the desert, aplicación do método de Fukuoka en África (en inglés).