Pobo masalit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Masalit»)

Os masalit (en masalit: masara; en árabe: ماساليت) é un grupo étnico formado por unhas 250.000 persoas (datos de 1983 [1].) que viven na rexión Ouadai do Chad, especialmente ao longo da fronteira sudanesa. A súa lingua está relacionada co durambang, lingua nilo-sahariana falada polos maba. A pesar de ser maioritariamente musulmáns, manteñen moitas das súas prácticas preislámicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]