Masaharu Fukuyama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Masaharu Fukuyama (福山 雅治, ふくやま まさはる Fukuyama Masaharu?), nado o 6 de febreiro de 1969 en Nagasaki, é un cantautor, guitarrista, produtor musical, actor e presentador de radio xaponés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nasaharu é un dos artistas xaponeses máis recoñecidos, é membro da compañía Amuse, Inc., e é coñecido pola súa voz baixa e fonda. Entre os fans coñécese polos alcumes de Masha, Masha-nii ou Fuku-chan. Comezou a súa carreira artística en 1990 co sinxelo "Tsuioku no Ame no Naka". Con varios sinxelos entre o número un das listas de éxitos, protagonizou numerosos dramas da televisión xaponesa entre outros o filme Yōgisha X no Kenshin en 2008.