Masacre en Noruega en 2011

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O centro de Oslo logo da explosión.

Os feitos que deron lugar a un masacre en Noruega en 2011 consistiron nunha explosión no distrito gobernamental de Oslo e mais nun tiroteo ocorrido dúas horas despois no illote de Utøya (lago Tyrifjorden, Buskerud), cun saldo provisorio de 77 mortos e máis dun centenar de feridos, moitos deles adolescentes. Durante os días posteriores á traxedia, a policía falara de cifras de até 93 mortos, pero despois revisou a cifra á baixa fixándoa en 76. A policía norueguesa explicou que o escenario despois dos ataques era moi confuso e probabelmente algúns corpos foron contados dúas veces. Posteriormente unha vítima morreu no hospital elevando a cifra a 77.

Pola tarde, desatouse unha gran confusión en Oslo e máis tarde as autoridades confirmaron que detiveron un home disfrazado de policía que abriu fogo contra a multitude en Utøya. Este era Anders Behring Breivik, un empresario noruegués de 32 anos descrito pola policía como "fundamentalista cristián" cuxas opinións políticas se inclinan cara á ultradereita, de ideoloxía nacionalista (contrario ao multiculturalismo) e islamófobo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Masacre en Noruega en 2011

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]