Masacre de San Patricio
Coñécese como o masacre de San Patricio o asasinato de tres sacerdotes e dous seminaristas palotinos o 4 de xullo de 1976, durante a ditadura militar autodenominada Proceso de Reorganización Nacional executado na igrexa de San Patricio, situada no barrio de Belgrano da cidade de Bos Aires, Arxentina.
Os relixiosos asasinados foron os sacerdotes Alfredo Leaden, Alfredo Kelly e Pedro Duffau e os seminaristas Salvador Barbeito e Emilio Barletti.
Índice |
Os feitos [editar]
A iso da 1 da mañá do 4 de xullo de 1976, tres mozos, Luis Pinasco, Guillermo Silva e Julio Víctor Martínez, viron como dous automóbiles estacionaban fronte á igrexa de San Patricio. Como Martínez era fillo dun militar e pensou que podería tratarse dun atentado contra o seu pai, foi á Comisaría Nº 37 para facer a denuncia. Minutos despois un automóbil policial chegou ao lugar e o oficial Miguel Ángel Romano falou coas persoas que estaban nos autos sospeitosos. Ás 2 da mañá Silva e Pinasco viron como un grupo de persoas con armas longas saían dos autos sospeitosos e entraban á igrexa.
Á mañá seguinte, á hora da primeira misa, un grupo de fieis esperaba fronte á porta da igrexa que se atopaba pechada. Estrañado pola situación, o mozo Fernando Savino, organista da parroquia decidiu entrar por unha fiestra e atopou no primeiro piso os corpos cribados dos cinco relixiosos, boca abaixo e aliñados, nun enorme charco de sangue sobre unha alfombra vermella.
Os asasinos escribiran con xiz nunha porta:
Tamén escribiron nunha alfombra:
A sigla "M.S.T.M." corresponde ao Movimiento de Sacerdotes para el Terceiro Mundo, en tanto que a primeira frase sobre "Seguridad Federal" está evidentemente referida ao atentado con explosivos que Montoneros realizara dous días antes no comedor desa dependencia policial causando a morte de 20 policías[1].
Sobre o corpo de Salvador Barbeito os asasinos puxeron un debuxo de Quino, tomado dunha das habitacións, no que Mafalda aparece sinalando o bastón dun policía dicindo: “Este es el palito de abollar ideologías” (ver).
Ao día seguinte, o diario La Nación publicou unha crónica sobre a masacre que incluía o texto dun comunicado do Comando da Zona I do Exército que dicía:
Ese mesmo 5 de xullo de 1976 realizouse na igrexa de San Patricio unha misa polos relixiosos asasinados. Á mesma presentáronse altas autoridades militares e máis de tres mil fieis. No valente sermón pronunciado polo pai palotino Roberto Favre, parcialmente publicado ao día seguinte polo diario Clarín, aquel dixo:
O entón nuncio apostólico na Arxentina, Pío Laghi, concelebrou a misa e díxolle ese mesmo día a Robert Cox, director do xornal Buenos Aires Herald:
En agosto de 1975 un grupo armado secuestrou por unhas horas a Mariano Grondona, coñecido avogado e xornalista simpatizante da ditadura. Ao liberalo os seus captores indicáronlle que debía levar unha mensaxe aos bispos: que si seguían tolerando a sacerdotes de esquerda "proseguirían los episodios como el de los palotinos y sufririan una escalada hacia la jerarquía eclesiástica". Grondona comunicou a mensaxe ao Nuncio Pio Laghi e ao vicario castrense Monseñor Tortolo, pero non fixo denuncia algunha do secuestro nin puxo o feito en coñecemento da xustiza ata 1984.[5]
As investigacións [editar]
A investigación da Igrexa [editar]
O nuncio Pio Laghi e o cardeal arcebispo Juan Carlos Aramburu nomearon ao sacerdote Efraín Sueldo Luque para que realizase unha investigación sobre o sucedido.
A investigación do xuíz Rivarola [editar]
A primeira investigación xudicial foi realizada polo xuíz Guillermo Rivarola nos anos 1976 e 1977, sendo o fiscal a cargo era Julio César Strassera. As investigacións foron evidentemente restrinxidas e a causa foi sobreseída provisionalmente a pedido do fiscal argumentando que non se atoparon persoas que puidesen considerarse responsábeis. Con todo, das declaracións das testemuñas na causa, xurdía claramente que a Comisaría 37 actuara con intención de encubrir o delito e que o oficial de policía Miguel Ángel Romano, como mínimo estaba mentindo.
A investigación do xuíz Blondi [editar]
En 1984 a causa foi reaberta polo Xuíz Néstor Blondi, unha vez establecido o goberno democrático presidido por Raúl Alfonsín. Na causa declarou tamén Pedro Álvarez, o policía que se atopaba de custodia na casa de Martínez, que contou que, logo que o policía Romano falase cos ocupantes dos dous autos fronte á parroquia, o patrulleiro achegouse á súa posición e dixéronlle:
Con eses elementos e as contradicións no accionar dos policías que pertencían á Comisaría 37 o fiscal Aníbal Ibarra solicitou o procesamento do policía Miguel Ángel Romano e do Comisario Rafael Fensore, por considerar que ambos foran partícipes do homicidio múltiple. Con todo, pouco despois, en xuño de 1987 o xuíz Blondi desprocesou a ámbolos dous policías e clausurou a causa considerando que os delitos prescribiran.
Memoria [editar]
Na igrexa de San Silvestre, da orde dos Palotinos, situada en Roma, colocouse unha placa en memoria dos cinco relixiosos da orde. Na mesma igrexa gárdase a cabeza de San Xoan Bautista. [6]
Na igrexa de San Patricio colocouse un monumento en memoria dos relixiosos, a quen a orde xa considerou como mártires[7].
En 2006 o cardeal Jorge Mario Bergoglio iniciou os trámites para a canonización dos cinco relixiosos como mártires da fe [8].
Notas [editar]
- ↑ Denuncia penal por ataque terrorista de Montoneros en 1976, El Ojo Digital, 21 de agosto de 2005
- ↑ La Nación, 5 de julio de 1976
- ↑ Clarín, 5 de xullo de 1976
- ↑ Testemuño de Robert Cox no Xuízo ás Xuntas
- ↑ El honor de Dios, Mártires Palotinos (capítulo de muestra), de Gabriel Seisdedos
- ↑ Una visita para honrar a los palotinos y ver al Bautista, Clarín, 25 de abril de 2005
- ↑ Monumento a los padres palotinos, Clarín, 2 de xullo de 2006
- ↑ Canonización para los 5 religiosos palotinos, La Opinión de Rafaela, 30 de xullo de 2005
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Kimel, Eduardo (1986). La Masacre de San Patricio. ISBN 950-724-533-1.
- Seisdedos, Gabriel (1996). El honor de Dios, Mártires Palotinos. ISBN 950-8612-59-1.
Ligazóns externas [editar]
- El caso de los padres palotinos, Informe Nunca Más, CONADEP, 1985
- A treinta años de la masacre de San Patricio, por Eduardo Kimel, Páxina 12, 2 de xullo de 2006
- Kirchner y Bergoglio, juntos en una misa de homenaje a sacerdotes palotinos, Clarín, 11 de abril de 2006
- 29 años de la Masacre de San Patricio, Argenpress, 4 de xullo de 2005
- Mártires Palotinos, por Cármen Lynch, Comisión Permanente para la Memoria de los Mártires Palotinos