Masa crítica (ciclismo)
A Masa Crítica é un evento ciclístico tipicamente celebrado o derradeiro venres de cada mes en máis de 300 cidades ao redor do mundo[1], baixo o lema "Pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes". Trátase dnha "coincidencia organizada" de ciclousuarios que realizan un paseo colectivo pola cidade, sendo un movemento descentralizado, actuando a proposta de calquera dos seus participantes.
Índice |
Historia [editar]
Comezou en San Francisco (Estados Unidos) no ano 1992 a partir dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas deberían quedar unha vez ao mes para ir todos xuntos. A idea aceptouse rapidamente, na primeira "quedada" xuntáronse 60 e logo dun ano eran máis de 600 e o movemento foi estendéndose en outras cidades.
O nome de Masa Crítica foi sacado do documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas intersecións nas grandes cidades chinesas onde o tráfico de coches era importante e non existían semáforos. Os ciclistas chegaban á intersección e non podían cruzar debido o alto tráfico, pausadamente, máis e máis ciclistas amontonábanse esperando para cruzar a rúa e, cando existe un número suficiente - unha masa crítica - éralles posible moverse todos xuntos coa forza do seu número para parar o tráfico mentras cruzan a rúa.
No mundo [editar]
A Masa Crítica constitúe un movemento a grande escala, descentralizado e popular, polo que é diferente en cada cidade. Existe una grande variedade de obxectivos, tamaño, interacción cos condutores de automóbiles e intervención da policía.
Con todo, o feito do escaso espazo aberto nas nosas cidades onde a xente poida relaxarse e relacionarse fora da tensión da vida diaria, a organización das cidades ao redor do automóbil, a escaseza ou ausencia de infraestruturas para facilitar o uso da bicicleta como medio de transporte, etc., son cuestións que abren un camiño cara unha alternativa no futuro.
En Galiza [editar]
O movemento da Masa Crítica en Galiza naceu en outubro de 2004 coa celebración da primeira masa crítica de Santiago de Compostela, un ano máis tarde comezaría a celebrarse tamén na Coruña, Vigo e recentemente en Ourense e Ponteareas. A última en aparecer é a de Pontevedra.
Entre os obxectivos das masas críticas galegas pódese destacar:
- Divulgar e promover o uso da bicicleta como medio de transporte eficaz (barato, san, non contaminante e rápido).
- Crear condicións favorables necesarias para o uso da bici como medio de transporte.
- Promocionar e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado, asi como promover a súa compatibilidade e complemetariedade coa bicicleta (ex. transporte público).
Celébrase unha Masa Crítica Galega de carácter anual que reúne a todas as ciclousuarias galegas, e que pon en contacto persoalmente aos membros das distintas masas críticas galegas. Celebrouse por primeira vez en setembro do ano 2007, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, logrando reunir a uns 200 participantes polas rúas de Santiago de Compostela.
Nas cidades máis importantes [editar]
Todos os primeiros venres de cada mes ás 20:00 desde a Praza de María Pita.
A Masa Crítica Coruña celébrase desde novembro do ano 2005, crecendo progresivamente en número de participantes e en actividade dos mesmos (xa superada a barreira dos 100 participantes nas masas máis numerosas). Existen tamén actividades paralelas que apoian a este movemento, coma reivindicacións aos políticos, recollidas de sinaturas, as 12 horas en bici, clases de mecánica e condución de bicicletas,...
O movemento non ten ningún tipo de intención política ou filosófica máis que o de reivindicar o uso da bici como medio de transporte, reclamando a mellora das condicións de circulación, vías, respecto por parte do resto de vehículos, normativa específica...
Todos os últimos xoves de mes ás 20:15 desde a Praza do Inferniño. A Masa Crítica Ferrol celébrase desde decembro do ano 2007.
Todos os últimos xoves de mes ás 20:15 desde diante do Concello (Praza Maior). A Masa Crítica Lugo celébrase desde xaneiro do ano 2008.
Todos os últimos xoves de mes ás 20:00 desde o Parque de San Lázaro. A Masa Crítica Compostela celébrase desde setembro do ano 2007.
Todos os últimos venres de mes ás 21:00 desde a Praza da Igrexa. A Masa Crítica Compostela celébrase desde setembro do ano 2007.
Todos os últimos xoves de mes ás 21:00 desde a Praza da Peregrina. A Masa Crítica Pontevedra celébrase desde xullo do ano 2011.
Todos os últimos mércores de mes ás 20:30 desde a Praza de Galicia. A Masa Crítica Compostela celébrase desde outubro do ano 2004.
Todos os últimos venres de cada mes ás 20:00 desde a Praza de América.
Notas [editar]
- ↑ Richard Madden (15 de decembro de 2003). "London: How cyclists around the world put a spoke in the motorist's wheel". The Daily Telegraph. http://www.telegraph.co.uk/travel/729324/London-How-cyclists-around-the-world-put-a-spoke-in-the-motorist%27s-wheel.html.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- bicis.info Páxina de ciclousuarios e Masas Críticas galegas.
- Masa Crítica no Mundo. (en inglés)
- Masa crítica en España. (en castelán)
- Blog da Masa Crítica Ourense.
- Blog da Masa Crítica Ponteareas.
- Blog da Masa Crítica A Coruña.
- A Golpe de Pedal Vigo Asociación de usuarios da bicicleta e colaboradores da Masa Crítica Vigo.